domingo, 11 de marzo de 2012

Semana da Prensa

Todos os anos  no mes de marzo, este ano entre o 12 e o 16, os centros escolares  celebran a Semana da Prensa.
No noso centro a hora de Atención Educativa está dedicada ao Obradoiro de Prensa e Artes Plásticas, por iso,  nós a "Semana da Prensa" celebrámola todo o ano.
Tratamos de realizar actividades que sirvan para familiarizar aos nos@s alumn@s  con este medio de comunicación. 
A prensa, nos seus diferentes soportes, é un bo  recurso  para fomentar a lectura, para afianzar o uso das TIC, para poñer a funcionar o noso sentido crítico... 
Desde a Biblioteca,  vouvos  propor algúns recursos e actividades para estes días que atopei "surfeando" pola rede:
  • Los medios de comunicación: El periódico: (pica na imaxe
  • La prensa: De la página de L. Domenech y Ana Romeo " lyL Materiales" 
  • Investiga con Mik sobre a prensa:caderno de traballo sobre a  prensa para completar en equipo, elaborado polo Ceip Mestres Goldar



Ningún comentario:

Publicar un comentario