A cerimonia de entrega foi na aula Magna da escola Politécnica superior da Universidade San Pablo CEU, en Madrid.
Por fín íase develar o misterio... Había moitos peóns dourados, prateados e bronceados....
Que cor tería o noso?
Rocío prestouse voluntaria a asistir ao evento e, sobre as 12 da mañá, subiu a recoller o premio... o PEÓN de PRATA !!
Somos o segundo mellor blog de toda España... e parte do estranxeiro... (como diría a miña avoa)
Saber que outros profesores pensan que o teu traballo merece a pena, é un orgullo e un grande honor.
Mañá luns, será un día normal, pero volveremos ao noso traballo con moi bo sabor de boca tendo nas nosas mans este peón que nos recordará que o esforzo merece a pena e nos impulsará a seguir traballando coa mesma ilusión e co mesmo grado de compromiso para acadar o que queremos: unha educación integral na que as nenas e nenos medren como persoas, sexan protagonistas do seu aprendizaxe e se formen coma lectores e lectoras críticos.
Moitas grazas a tod@s.
Enhorabuena!!!!
ResponderEliminarParabens!
ResponderEliminarA miña requetesincera felicitación a Carmen por ser guía e fonte permanente de inspiración. Só me queda animarte a continuar traballando.
ResponderEliminarParabéns!
ResponderEliminarNORABOA CARMEN...E GUSTARÍAME QUE SIGAMOS CONTANDO COA TÚA AXUDA TODOS NÓS E TAMÉN A BIBLIOTECA.
ResponderEliminarBICOSSSSSSSSSSSSSS