Achéganse as
vacacións que son o tempo ideal para reforzar a convivencia e o diálogo entre todos os membros da familia. Para reforzar o cariño é preciso dedicarse tempo, conversar, compartir momentos...
Pero tamén son o tempo ideal para ler.
A compañía dun libro nas tardes de verán, ademáis de ser moi beneficiosa, como se desprende dun estudo da Universidade de Tennessee, pode aforrarnos ás nais e pais moitos "abúrrome" e outros tantos "non sei que facer".
Richard Allington, membro desta universidade, afirma que "
a lectura durante o verán é necesaria para non perder as habilidades adquiridas como son o manexo da lenguaxe e a competencia lectora". Segundo estas afirmacións, aparecidas na revista Reading Psychology , os nen@s que non len durante as vacacións poden presentar un retroceso de dous ou tres meses. Sen embargo, os nen@s que len, terán un avance dun mes de aprendizaxe en relación a esta competencia.
Segundo outro estudo realizado por especialistas da Universidade Johns Hopkins, os efectos de non ler na infancia nótanse incluso durante a Secundaria e na Universidade . E que os que leron de foram constante sendo nen@s, están mellor preparad@s tamén cando chega o momento de incorporarse ao mundo laboral.
Persoalmente, non sei se a lectura no verán terá tanta importancia para os resultados académicos como o pintan estes estudos, pero ... hai algo tan marabilloso como disfrutar dun bo libro a beira do mar, ou baixo unha árbore, ou ....?
No noso cole, moitos nen@s non van sufrir ningún destes "efectos secundarios" negativos.
Comezan a chegar os primeiros pedidos de libros para o verán.
@s alumn@s que o desexen poden elixir os libros que queiran para que os acompañen estas vacacións.
Os
papás e as mamás tamén estades invitad@s a achegarvos a Biblio e elixir os títulos que vos apeteza ler.
Ademáis, queremos facer un álbum de
VeránLector@s . Enviádenos as vosas
fotos (onde vós e os libros sexades os protagonistas). Faremos unha selección e, en setembro, recibiredes un agasallo.
FELIZ VERÁN DE LECTURAS!!
Pica na imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario