O vindeiro martes 24 Rosalía de Castro estaría de aniversario: celebraremos os 178 anos do seu nacemento .
Moitos persoeiros galegos e de fóra de Galicia queren homenaxeala achegándose a súa obra e a súa figura, destacando a importancia que tivo para enfrontarse as circunstancias da época na que viviu, na que as mulleres non podían participar da vida pública e o pobo non podía escribir na súa propia lingua.
Eles son Rosalía cando se inspiran nela, cando a cantan, cando seguen as súas pegadas.
Nós tamén somos Rosalía cando a festexamos, cando a lemos, cando nos comprometemos coa terra e como lingua coma ela.
Por iso gravamos este video e temos programadas outras actividades que iremos publicando no Bloguesquio ao longo da semana
Estade atent@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario