Eran outros tempos....
A decoración das casas era moito máis sinxela, non había luces nen árbore de nadal; o que sí había en moitas casas era o Nacemento.
Moitas das tradicións aínda se manteñen hoxe, outras desapareceron co tempo, pero o nadal segue sendo tempo de reunirse coa familia e revivir recordos á calor do lume .
Houbo un tempo no que os mozos e mozas percorrían as aldeas cantando panxoliñas, cantos de nadal e de reis. Estes cantos foron transmitíndose oralmente ao longo dos séculos.
Cando remataban o cantar solicitaban o aguinaldo que normalmente era viño, chourizos, touciño, algún doce ... Despois facían unha festa ou unha foliada e consumían todos xuntos o que recolleran.
Esta era unha das tradicións que agora están un pouco esquecidas e que non estaría mal recuperar. E había máis...
Preguntamos aos nosos maiores como celebraban eles o nadal. Isto é o que nos contaron e o que nos cantaron.
Tamén vos podedes informar de como se celebra o nadal noutros lugares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario