Todos os anos a Real Academia Galega abre un espazo de participación para que os centros escolares de toda Galicia relaten como celebran o 17 de maio .
Casi 70 centros enviaron as actividades coas que homenaxearon a Ricardo Carvalho Calero, entre eles o noso.
E hoxe recibimos unha chamada da RAG informando de que o noso , mellor dito, o voso traballo tivo premio. Concedéronnos, xunto con outros dous colexios, un dos premios do certame e destacaron o noso labor polas actividades e iniciativas levadas a cabo.
Moitas grazas a todas e todos polo voso traballo.
XUNT@s formamos un gran equipo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario