Unha vez máis preparamos a actividade do "amigo invisible", esta vez rodeadas de emocións por todas partes.
Seleccionamos libros relacionados coas emocións, fixemos o sorteo para ver a que compañeira ou compañeiro lle tiñamos que "regalar" o libro que eliximos, envolvémolo e Efrén e as axudantes de biblioteca repartiron os regalos polas aulas.
Ademais das emocións que que conteñen os libros que seleccionamos, recordaremos as que sentimos ao elixilos, ao preparalos e as que sentiron os nosos compañeiros ao recibilos .
Agárdanos unha fin de semana do máis emocionante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario