A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e nenos do cole, será a primeira biblioteca que coñezan. Nela tomarán contacto cos libros e a lectura por primeira vez e, se o facemos ben, converterase nun espazo de lecer e tamén de coñecemento.
Preguntámoslles a todas que emocións lles produce a biblioteca, como se senten cando están alí, e descubrimos que a maioría teñen sentimentos positivos : emoción, alegría, tranquilidade...
Ningún comentario:
Publicar un comentario