Olga Blanco, Fina Casalderrey, María Canosa, Zeltia Figueiras son exemplos de escritoras galegas que nos emocionan, nos fan vivir aventuras inesquecibles ou nos deleitan cos seus poemas.
Todas as escritoras que forman parte da nosa biblioteca teñen o noso recoñecemento. Pero noutros tempos as mulleres que se dedicaban a escribir non tiñan tanta sorte e tiveron que agocharse detrás de nomes masculinos ou asinar so coas iniciais do seu nome para non seren recoñecidas.
Por iso o luns 18 de outubro celebramos o Día das escritoras, que son tan importantes ou máis ca os escritores, sobre todo no tocante á literatura infantil .
Na biblio fixemos unha selección de libros nos que as emocións son as protagonistas. Todos están escritos por mulleres, algunhas son galegas e outras non.
A nosa proposta é que o alumnado elixa un dos libros e investigue sobre a muller que o escribiu. Seguro que acharemos datos ben interesantes sobre cada unha delas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario