Inculcar as nenas e nenos o amor pola lectura é un dos mellores regalos que podemos facerlles. A lectura dalles a oportunidade de experimentar sensacións e sentimentos cos que maduran e aprenden, ademas de disfrutar. Medran en todos os sentidos! Cun libro na man rin, soñan, e coñecen outros mundos ... ou polo menos iso é o que din eles ...
Efrén fixo un intercambio con todas a s nenas e nenos:
un corazón de chocolate a cambio dun corazón onde explicasen o seu AMOR a LECTURA:
A mellor forma de saber si unha historia merece a pena é ler unhas cantas páxinas. Pero ás veces xulgamos inxustamente un libro pola súa portada ou polo seu título. Se non nos parecen atractivos, devolvémolo ao andel. Ás veces, na biblioteca temos libros que, a pesar da súa calidade, por unha razón ou outra están "coleccionando polvo". Na Biblioteca pública de Os Anxeles (USA) naceu a iniciativa "Cita a cegas cun libro" (en inglés Blind date with a book) unha idea á que se foron unindo outras bibliotecas e tamén librarías. Pareceunos unha actividade moi axeitada para celebrar o San Valentín, e sumámonos ao proxecto, adaptándoo as idades d@s nos@s alumn@s. Seleccionamos uns cantos libros, envolvémolos en papel (de periódico, para darlle un aire de misterio) e pegamos uns corazóns de cores (por aquelo da data a celebrar) cunha pequenas pistas sobre o xénero e a historia... e un pequeno texto coma este: " Colle este libro, lévao á casa e desenvólveo. Ensínalle o teu lugar favorito para ler, comparte con él a túa merenda ou móstrallo aos teus amigos. Quen sabe... Ao mellor tendes futuro..." Dentro do libro introducimos un formulario para "valorar a cita", que se deixará na biblioteca unha vez cuberto.
Quizais non estea nas nosas mans encher de paz todo o mundo, pero sí podemos encher o noso arredor con bicos, con apertas e con xestos de afecto. Con palabras amables, con bromas, con aloumiños e con risas. A paz do mundo comeza cun sorriso. A paz do mundo está no sorriso das nenas e nenos. Pol@s nos@s nen@s, c@s nos@s nen@s...fagamos posible un mundo de PAZ. Gustounos tanto a idea proposta polo CEIP Barrié de la Maza, que este ano, decidimos unirnos á Latucada pola PAZ. Este foi o resultado:
Create your own free picture slideshow
Escoitade as nosas cancións:
Rock sen guerra: A paz é a meta
Na clase de música escribimos este poema de Paz que terminou por converterse no himno do cole.
Cantámolo acompañado con percusión a ritmo da canción "We will rock you" de Queen.
É unha canción que medra por estas datas, xa que lle imos engadindo unha estrofa adaptada ao proxecto de cada ano. Así soa a ritmo de latucada:
O mundo é grande
Esta é a nosa versión da canción deMamá Cabra, para cantar o día da Paz a ritmo de latucada. Reescribímola adaptándoa ao noso proxecto: A Volta ao Mundo con Efrén.
Para conmemorar o Día escolar pola PAZ, as e os axudantes de biblioteca prestáronse voluntarios a preparar un conto e lerllo aos seus compañeir@s. Tivemos unha reunión para elixir os contos e "sortear" a que clase lle ía ler cada un... e durante as semanas previas á celebración conxunta, regalaron contos de paz aos compañeiros (Se picades nas portadas poderedes escoitar ou ler o conto)
Día 17: Lúa e Fani len"Negros e Brancos"de David McKee @s nen@s de EI 5 (Actividades LIM de Julia Pérez Vázquez)
Día 20: Jesica le "Nadarín" de Leo Lionni aos nenos e nenas de EI3
Día 21: Alex le"Pequeno azul e pequeno amarelo" as nenas e nenos de EI4
Día 22: Brayan le"A guerra dos números" a 1º de EP
Día 23: Irene le "E que podo facer eu?" a 2º de EP
Día24: Diego le "Kofu, o neno de chocolate" a 3º de EP
Día 27: Yago le "Laura e compañia saben comportarse" a EI3
Día 28: Clara le "Mellor falar que pelexar" a EI4
Día 29: Fermín le "A partes iguais" a EI5
Día 30: Lucía le "O Señor Guerra e a señora Paz"a 1º EP
Día 31: Sofía le "Leonor y la paloma de la paz" a 2º de EP
A PAZ é un bo motivo para dar a lata O proxecto "Latas pola Paz" naceu hai uns anos na ONG malagueña Admundi, e consiste en transmitir mensaxes de paz e non violencia empregando latas recicladas e decoradas polas nenas e nenos. Asi que ... ide buscando a vosa lata e preparádevos, porque este ano... imos dar a lata!
Que comezar
un novo ano sexa a oportunidade para novas alegrías, que atopemos novos
libros que nos sorprendan, que nos cambien, que nos fagan mellores e que
compartir, axudar, e participar sexan os verbos que nos permitan escribir
o libro das nosas vidas. Grazas a tod@s por non resignarvos
a ser só personaxes secundarios nesta comunidade escolar, e por formar parte do grupo dos
que sabemos que os libros, ademais de entreter e ser sementes de cultura, poden
ser un medio de compartir, vivir aventuras e facernos máis persoas.
As palabras de Nelson Mandela constitúen o seu mellor legado. Deixovos unha recompilación de declaracións extraídas de discursos, entrevistas, diarios persoais e cartas que escribiu ao longo da súa vida. Para que reflexionemos...
O corazón de Nelson Mandela, MADIBA como lle chamaban cariñosamente no seu país, apagouse o pasado xoves día 5 . Para tod@s foi un exemplo de BONDADE e un firme defensor da LIBERDADE , a DIGNIDADE e a UNIDADE do seu pobo. Todo isto adornado co seu SORRISO imborrable. Nunca perdeu o optimismo: foi condenado a cadea perpetua realizando traballos forzados nas canteiras de cal, pero en ningún momento dubidou de que sairía e liberaría ao seu pobo. Todos os líderes mundiais esixiron a súa posta en liberdade e cando quedou libre, despois de 27 anos, renunciou públicamente á violencia e comprometeuse a atopar unha solución para acabar coa situación de discriminación na que vivían os negros en Sudáfrica. "Transformou a historia do seu país dunha maneira que parecía inconcevible e demostrou, coa súa intelixencia, honestidade e valentía que no campo da política, ás veces, os milagres son posibles" (Mario Vargas Llosa) Loitou contra a pobreza, a desigualdade e o racismo no que vivía a xente negra durante o Apartheid, un réxime de segregación racial no que as persoas de cor non podían votar nin ocupar postos de traballo "propios de brancos", non podían relacionarse con eles nin tan sequera viaxar nos mesmos autobuses que eles. Polo ben do seu país, foi quen de perdoar os inxustos anos que pasou na cadea e de convencer a todos de que era posible unha convivencia pacífica que sentase as bases dun sistema democrático en Sudáfrica. Por iso, negros e brancos, brancos e negros choran unidos a morte de Mandela, un home irrepetible. "Mandela es el mejor ejemplo que tenemos —uno de los muy escasos en nuestros días— de que la política no es sólo ese quehacer sucio y mediocre que cree tanta gente, que sirve a los pillos para enriquecerse y a los vagos para sobrevivir sin hacer nada, sino una actividad que puede también mejorar la vida, reemplazar el fanatismo por la tolerancia, el odio por la solidaridad, la injusticia por la justicia, el egoísmo por el bien común, y que hay políticos, como el estadista sudafricano, que dejan su país, el mundo, mucho mejor de como lo encontraron."(M. Vargas Llosa - "Elogio de Nelson Mandela")
Para coñecer máis cousas sobre a vida deste home, podedes ver este documental:
E esta é a nosa homenaxe a este home bo e xeneroso, exemplo de reconciliación e de concordia.
A música é unha canción que Silvio Rodríguez, un cantautor e poeta cubano, dedicou a Víctor Jara ( outro poeta que foi encarcelado e feito desaparecer por defender ao seu pobo) Creo que se axeita moi ben á figura de Nelson Mandela.
Que pensades vós da figura de NELSON MANDELA?
Anímovos a que deixedes os vosos comentarios.
"Todos fomos nenos algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nenos, que sempre foi e seguirá sendo o desexo mais universal da humanidade" (Cumio mundial en favor da infancia - Informe do Secretario Xeral)
E cando nos facemos maiores, volvemos a sentirnos nen@s outra vez. Por iso nos gusta visitar aos "avós" do Centro de Día ... Porque se alegran cando imos, porque nos aplauden "a rabiar" ...Porque conectan connosco ... Esta vez, despois de moita espera por mor do tempo (tiña que ser un día sen chuvia porque a volta ía ser camiñando) celebramos tod@s xunt@s o Día do Maior, o Dia da Biblioteca e o Día dos Nen@s (fóisenos acumulando o "chollo" e celebramos todo xunto). Queriamos levar un agasallo, asi que cada clase escolleu un libro para ler, contar, cantar ou representar a historia.
A violencia contra as mulleres é consecuencia da discriminación que sofren, tanto nas leis como na vida diaria, e tamén da existencia de desigualdades por razón de xénero. Nalgúns países, as mulleres son seres sen dereitos. A violencia contra as mulleres e nenas pódese evitar.
Because I am a Girl é unha campaña que ten como obxectivo a tranformar as vidas das nenas mais pobres do mundo. O acceso das nenas á educación e aos dereitos será quen de romper o ciclo de pobreza e discriminación ao que as nenas fan frente ao redor do mundo Mirade este video e dicídeme que pensades:
Deixovos tamén un libro para que o leades e reflexionedes. "A historia dos bonobos con lentes"de Adela Turin.
Como cada ano, o 20 de novembro está dedicado aos Dereitos das nenas e nenos. Dádesvos conta da sorte que temos por vivir onde vivimos? E vós como o ides celebrar? Unídevos a Lunicef e cantade alto polos dereitos da infancia:
E tamén podedes ver estes videos que Pocoyo&friends fixeron para UNICEF. Só tedes que picar na imaxe:
Cando chega o outono, Sara, a axudante de cociña do cole, sempre nos ofrece algunha das súas receitas de cogomelos. Este ano, ademáis diso, tamén lle pedimos que informara as nenas e nenos sobre a súa afición, que a ten convertido nunha verdadeira experta. Ela coñece cales son os cogomelos máis apreciados, cales non son tan saborosos, os que poden ser tóxicos e incluso os que poden ser mortais só con tocarlles... Para a súa "conferencia" achegounos unha verdadeira exposición dos cogomelos que se poden atopar no concello de Toén con cadanseu nome. Clasificounos en cogomelos que son comestibles e que son tóxicos ,co grao de perigosidade de cada un. Tamén trouxo unha mostra da vexetación onde é máis probable atopalos. Unha verdadeira marabilla!! Todo o cole pasou pola clase de 5º para aprender cousas sobre estes seres, e os alumn@s foron os encargados de explicarlles aos mais pequenos todo o que tiñan aprendido,
engadindo ademáis información científica:
Falaron dos reino dos fungos.
Alimentación e reprodución.
Partes do cogomelo.
Normas básicas de comportamento no monte.
Perigos dalgunhas especies.
E por último respostaron varias preguntas dos compañeir@s.
Para rematar, con toda a información reunida, editamos este caderniño . Esperamos que o atopedes interesante: