sábado, 12 de febreiro de 2022

O talento non ten xénero

Todos podemos mencionar o nome dalgún científico famoso polas súas aportacións, pero si preguntamos por nomes de mulleres científicas ... A cousa ponse máis complicada, e iso que houbo moitas ! 

Sabedes como é coñecido ese prexuizo para recoñecer os logros das mulleres científicas?
Chámanlle Efecto Matilda. Sabedes por que? Pois porque Matilda Joslyg Gage foi a primeira muller en denunciar que as mulleres científicas non reciben o recoñecemento que merecen .

Neste día queremos visibilizar o traballo das mulleres que se dedican á ciencia e poñer en valor referentes femininos que , co seu exemplo, sirvan de inspiración ás nenas para que sintan que son capaces e que teñen as condicións para elixir unha carreira científica  se así o desexan.

A Universidade de Vigo enviou ao cole materiais para reivindicar a igualdade e a accesibilidade das mulleres no ámbito da investigación e promover as vocacións femininas na Ciencia, Enxeñaría, Tecnoloxía e Matemáticas. As nenas de 5º e 6º foron polas aulas presentando aos compañeiros e compañeiras  a cadansúa científica e explicando os seus achádegos .
Aquí podedes visitar a páxina da Universidade de Vigo 

E aquí algúns contos que atopamos na páxina No more Matildas

mércores, 9 de febreiro de 2022

Clubes de Lectores ... en marcha!

Efrén tamén lles le contos aos seus amigos
Foron moitas as nenas e nenos que se anotaron para formar parte do clube de lectura ao que invitou Efrén,  así que poñeremos a andar  4 clubes de lectura, un por aula!  

O venres pasado tivemos a primeira  reunión _no patio_ e Efrén veu  repartir a cada grupo o  libro  que  van ler e explicou as normas para que o clube funcione e nos divirtamos todas e todos.

O funcionamento é moi sinxelo: Trátase  de ler un libro de maneira individual e ter unha reunión a primeira semana de cadas mes para comentar o que limos e facer outras actividades, que prometemos  van ser moooi divertidas. 

A primeira tarefa vai ser buscar un nome para o voso grupo de lectores. 

Seredes os " navegantes da lectura" ou "xs piratas"? Tamén podedes ser os "14 lectores" ou pertencer ao clube dos "libros máxicos"  ou ao clube "le con Efrén". 

Hai moitos nomes que podedes elixir. A ver que se vos ocorre!

sábado, 5 de febreiro de 2022

Buscamos a nosa PAZ INTERIOR

 O Día da Paz deste ano dedicámolo á nosa Paz interior, algo indispensable para sermos felices.

Atopar a paz interior é fundamental para obter o equilibrio que é o que queremos conseguir ou,  alomenos, aprender a buscar, co proxecto anual que estamos levando a cabo. 

Xa aprendemos  que hai que saber identificar e xestionar  as emocións aínda que ás veces haxa demasiadas nubes que as tapan. Tamén aprendemos que hai que saber poñerse no lugar do outro e saber perdoar. 

Por iso todo o alumnado escribiu en cintas de cores frases de agradecemento. Logo pendurámolas das árbores  e, ante a imposibilidade de dar apertas uns aos outros deixamos constancia dos nosos desexos abrazando as árbores con lás de cores que queren  representar as emocións que sentimos. 

✌Tomamos o chololate da amizade

🎤🎹🎼E para rematar a festa cantamos  "Unha receita de PAZ" que é o que desexamos cociñar todos os días

venres, 4 de febreiro de 2022

Regalamos palabras bonitas

 No Día da PAZ, hai algo mellor que  alegrarlle o día a alguén? 

Un simple xesto pode cambiar o estado de ánimo  dunha persoa. Por iso decidimos colocar nos corredores un imprimible con mensaxes e frases que deberiamos dicir a diario e que veñen ben en calquera momento. Hai frases para amigos, compañeirxs, profes ...


Que chovan os comentarios amables!

martes, 1 de febreiro de 2022

Tapóns solidarios

No cole levamos anos participando na reciclaxe de diferentes materiais: plástico, papel, pilas . 

Últimamente colaboramos coa Fundacion SEUR  recollendo tapóns para obter fondos para que  nenas e nenos sen recursos e con enfermidades graves teñan acceso a tratamentos médicos e aparatos ortopédicos que precisan e que non están cubertos pola Seguridade Social. As familias gardan os tapóns, nós almacenámolos no cole nun contedor e SEUR encárgase de recollelos e transportalos . Xa levan recollido máis de 6.500 Tm de tapóns , levan  doado máis de 1 millón  de euros e axudado a  uns 170 nenas e nenos

 Toda unha cadea na que participamos co noso pequeno xesto para facer un pouco máis felices aos que nos rodean.


domingo, 26 de decembro de 2021

Parabéns, Mateo

 Mateo Fernández Borge, alumno de 4 EP  ven de gañar o 1º Concurso Escolar Ribeira Sacra organizado polo xornal La Región e patrocinado pola Consellería de Educación co seu debuxo titulado "Outono no Sil". 

Moitos parabéns!


Nesta primeira edición do concurso, que naceu co obxectivo de ensalzar a Ribeira Sacra polo seu potencial turístico, económico e social participaron máis de 300 alumnxs de 20 colexios da provincia.

mércores, 22 de decembro de 2021

Bo Nadal, avoíños/as

Xa tiñamos ganas de colaborar co Centro de Día ! 🏩

E aínda que tivo que ser a través dunha pantalla 📺, fixémolo. 

Comezamos decorando bolas de Nadal que estiveron colgadas na  árbore da entrada🎄✨🎇 durante estas semanas. Todas levaban escrita unha mensaxe para felicitar as Festas aos avoíños e avoíñas👴👵 (gústanos chamarlles así) e mostrarlles os nosos sentimentos.



Escribímoslles unha carta 💌📫e lémola entre todxs.

 Que emoción!


Cantamos panxoliñas 🎼🎶 diante da cámara porque sabemos que xs nenxs gustámoslles  e que van quedar contentos cos nosos agasallos.🎅

luns, 20 de decembro de 2021

Correo das ilusións

📫 A caixa de correo das ilusións estivo instalada na entrada 💙

As rapazas e rapaces👦👧 escribiron as súas 💌💌 cartas ao seu valedor de soños (Apalpador🎁, Papá Noel🎅ou Magos de Oriente👑) e viñeron depositalas na caixa de correo📬 que estaba diante da nosa árbore. 🌲
Ten enlace directo cos destinatarios!

mércores, 8 de decembro de 2021

Non sobra ninguén

 

Todas as persoas, coas súas capacidades, poden aportar moito ao desenvolvemento da sociedade. 

Só o compromiso  e o respecto pola diversidade serán capaces de conseguir a integración de todos e todas. Esta é a única vía posible para construir entre todxs unha sociedade máis plural, equitativa e xusta. 

Todas as persoas contan, e os distintos talentos aportan valor e equilibrio ao conxunto. 

Por iso o noso compromiso é que ninguén quede atrás, porque todos somos importantes e necesarios.

Baixo o mesmo paraugas


Non importa se tés orellas de bolboreta, se és unha rá de tres ollos, se és un monstro  de cores ou se levas un cazo tras de ti noite e día. Ás veces o esencial é invisible para os ollos, so se pode ver co corazón.

As diferenzas enriquécennos e a empatía e o respecto fai que nos unamos á campaña "Baixo o mesmo paraugas" para dar visibilidade a unha sociedade diversa e plural, pero cos mesmos desexos e ilusións.

Busca o teu super poder

 "Coñéceme polas miñas habilidades, non polas miñas discapacidades". -Robert M. Hensel.


Non todas as superheroínas e os superheroes levan capa .

Todas e todos temos algún poder, algo que facemos especialmente
ben, pero tamén temos debilidades, algo que non se nos da tan ben e para o que precisamos axuda.
Esto é o que nos fai ser especiais porque nos diferencia dos demais e nos fai ser únicos.
AFAD Valdepeñas creou o conto "Super Lucía" para explicar aos nenos e nenas que é a discapacidade dun xeito sinxelo e nós baseámonos nel para facer este video:

domingo, 5 de decembro de 2021

Calendario de Advento:24 lecturas

 Xa comezou a conta atrás para o día de Nadal. As vacacións están cada vez máis preto e o Apalpador, o Papá Noel ou os Reis Magos están agardando polas vosas cartas.

O Nadal é o momento ideal para compartir a maxia da lectura cos pequenos, cos maiores, cos amigos... Animámosvos a que poñades un libro novo ao voso carón ou nas mans de alguén a quen queredes . Porque ao recibir un libro, recibes un mundo ilimitado de imaxinación, de vivencias ...

Os libros non pasan de moda, non caducan, non deixan de ser útiles. Pola contra, medran connosco ao longo da nosa vida. Agardan nos andeis para volver regalarnos as súas historias, para que as leamos por primeira vez ou para que pasen ás mans dalguén que as saiba disfrutar.

Inspirándonos nos calendarios de Advento, aproveitamos para presentarvos  as novidades da biblioteca do cole no que se refire ao proxecto que estamos levando a cabo. Cada día do mes agocha unha sorpresa literaria detrás da porta. 

Seredes capaces de ir abrindo unha diariamente ou sodes dos/das que non podedes agardar ao final e abrirédelas todas o primeiro día?

Unha mensaxe de Efrén



 Efrén, ese amigo que habita no colexio aínda que non o vexamos e que se deixa ver  e nos  visita... cando el quere, todo hai que dicilo, ten un recadiño para vós. Envióunolo para que o publicaramos no blogue:

Efrén escribiu a mensaxe na Biblio

"Xa sabedes que a miña maior afección é a lectura e  por iso quero convidar ás nenas e nenos a formar parte dun clube moi especial...  - comentou - Mirade o video e respondede a esta mensaxe. Podesdes facelo deixando un comentario. Preciso voluntarias e voluntarios."  

Adiviñastes de que se trata? 

A ver se no video vos queda mais claro ...