xoves, 1 de xuño de 2017

Festival das Letras


A celebración das Letras Galegas é unha desas datas  que nos ofrece a posibilidade de converternos en actores e actrices , cantantes e bailaríns, e todo para poñer en valor a nosa lingua .
É un mes de moito ensaio, sacando tempo de onde non o hai, para ofrecerlles ás familias e aos compañeiros e compañeiras as nosas mellores  actuacións.



Picade nos enlaces para ver os videos:

mércores, 17 de maio de 2017

Festa das Letras Galegas, 2017


Un ano mais celebramos o Día das Letras Galegas cunha grande festa popular onde non faltaron as actuacións. 
Cancións, bailes tradicionais e representacións teatrais mostraron a todos as dotes artísticas das nenas e nenos do cole, que participaron no festival con moita ilusión (e moitos nervios, todo hai que dicilo) .
Como xa imaxinaredes,  foi un verdadeiro éxito... 

Mirade as fotos:


LetrasGalegas2017 by Slidely Photo Gallery

martes, 16 de maio de 2017

Carlos Casares e a Ciencia

Casares tivo dende sempre unha idea moi particular do que era a cultura e sempre considerou a ciencia como algo propio da mesma. Para él a visión da cultura que so tiña en conta actividades relacionadas coas artes e as letras era antiga e moi limitada.
Por iso, no ano 2000 creou a sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade no Consello da Cultura Galega, institución que presidía. Pretendía estudar as pegadas que a ciencia e a técnica ían deixando na realidade de Galicia e na cultura galega.
Definíase coma un home que escribía obras de literatura, pero tamén coma unha persoa preocupada polos problemas do seu tempo, entre os que estaban os relativos á ciencia e á técnica.
Nos seus últimos anos, despois de ler o libro "Dios y la nueva física" do divulgador científico Paul Davies, non deixou de mercar e "devorar" todo canto libro e artigo que sobre física cuántica caía nas súas mans.
Incluso deu unha conferencia no Liceo Recreo de Ourense "Diálogo entre literatura e ciencia", na que fixo unha descrición apaixoada  da nova física cuántica.

( Francisco Díaz-Fierros, catedrático emérito da USC e membro da Real Academia Galega
"La Voz de Galicia, 12/05/17 )

xoves, 4 de maio de 2017

Maios 2017

No cole, como en Ourense, celebramos a festa da primavera: a Festa dos maios,  onde os principais protagonistas son as flores e, por suposto, as nenas e nenos.
Facemos un maio figurativo, con forma piramidal.
Como en España está prohibido coller musgo, levamos uns anos que decoramos o noso maio só con fiollo, xestas, uces e flores. Tamén empregamos carrabouxos ou bugallos e, ás veces,  cáscaras de ovos.
Gracias a todas as familias que colaboraron buscando todo o necesario para confeccionalo.
E gracias ao profe Pepe que veu a axudarnos.


 
MAIOS2017 by Slidely Slideshow

martes, 2 de maio de 2017

Coñezamos mellor a Carlos Casares


 Son moitos os recursos didácticos creados por profesores e alumnos de distintos centros de ensino de Galicia para traballar a figura de
Carlos Casares.
 Ademais do noso  Roteiro Carlos Casares en Ourense,  a Fundación Carlos Casares fixo unha recompilación das mesmas:

INICIATIVAS CENTRADAS NA VIDA DE CARLOS CASARES

INICIATIVAS CENTRADAS NA OBRA DE CARLOS CASARES

 OUTRAS INICIATIVAS RELACIONADAS CON CARLOS CASARES

luns, 1 de maio de 2017

Roteiro literario

Sabiades que, paseando por Ourense se pode aprender moito sobre a obra de Carlos Casares?
O seu mundo literario está moi unido á nosa cidade e a algunhas zonas da provincia como A Limia e o Ribeiro. 
O Concello ven de presentar un roteiro literario (de onde sacamos toda a información e pasaxes das obras) que comeza no parque de San Lázaro e visita outros lugares do centro histórico da cidade como a catedral, a rúa do Paseo, a Praza Maior ou a Praza do Trigo ..

Animádevos a buscar as placas que se agochan nas fachadas de edificios e prazas e nos mostran os lugares de estudio, formación e tertulia de Carlos Casares, así como as paisaxes  que serven de escenario as  obras literarias do autor, nacido en Ourense en 1941.

Se picades no mapa adxunto poderedes seguir o roteiro de maneira virtual...

Compartimos lecturas

Por fín, xa chegou o día! 
Unha vez máis o mes dos libros bríndounos a oportunidade de desfrutar da lectura cos padriños e madriñas.
O "apadriñamento lector"  é unha  actividade que chegou hai algúns anos ao  cole para quedarse, e que da gusto repetir un ano  tras outro. 
Para os de tres anos é a súa primeira experiencia, e vívena cunha mestura de ilusión e curiosidade. Os demais lembran as experiencias doutros  apadriñamentos e marchan confiados e contentos.
Os padriños e madriñas tiñan todo preparado para acompañar aos seus afillados e afilladas cara algún recunchiño cómodo e alí,  ler as historias que coubesen nese anaquiño de lecer no que se converteu o "Hora de Ler".

compartimos lecturas2017 by Slidely Slideshow

domingo, 30 de abril de 2017

As familias CONTAN moito

No noso cole familias contan moito, sobre todo no tema da colaboración. 
Durante o mes de abril tivemos un grande número de papás, mamás e ata algunha avoa que se achegaron ao cole para compartir connosco os contos que elixiron os nen@s.
Pola biblioteca pasaron Pelostortos, os tres porquiños, Azul e moitos outros personaxes que fixeron as delicias dos nenos coas súas peripecias.
MOITAS GRAZAS a todas e todos. 


Ceip Saco E Arce de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

luns, 17 de abril de 2017

Bookcrossing: Libros Libres

Cuando has poseído un libro te has enriquecido personalmente. Pero cuando se lo pasas a alguien te has enriquecido por triplicado”. Los libros en mi vida, Henry Miller.


O termo Bookcrossing fai alusión á liberación de libros en lugares públicos ca fin de que outras persoas os atopen, os lean e os volvan a liberar.

Esta iniciativa xira en torno ás "3eRRes"

- Read (ler)

- Register (Rexistrar o libro xunto cos teus comentarios no diario de viaxe)

- Release (Liberalo para que o lea alguén màis)

O Bookcrossing é un fenómeno moi popular,  tendo máis de dous millóns de usuarios rexistrados que teñen liberado cerca de 10 millóns de libros en 132 países.

Nós tamén queremos converternos en Bookcrossers e colaborar para converter o mundo nunha biblioteca global.
Na Biblioteca escolar fixemos entrega de 6 libros etiquetados para que fosen liberados . Así que. xa sabedes, se atopades un destes libros, deixádeo libre para que recorra o mundo...

A ver ata onde chegan! 

mércores, 5 de abril de 2017

Abril: Mes dos libros


Estas son as actividades que programamos e que iremos pondo en marcha ao longo deste mes de abril, no que celebramos o Mes dos Libros


mércores, 29 de marzo de 2017

Árbores e poesía

No cole estamos moi sensibilizados cos problemas medioambientais, quizais porque estamos  rodeados de natureza.
Todos os anos plantamos árbores, no patio ou fóra.
 E este ano, como somos conscientes de que o noso papel co medio ambiente ten que ir mais alá de apreciar a natureza, decidimos adoptar unha árbore  do noso patio.
Cada clase elixiu unha especie de árbore diferente para aprender sobre ela,  coidala e respectala .

            



























Ademáis, como o día da árbore e o día da poesía van collidos da man, decidimos escribir un poema para a nosa árbore e adornala  

domingo, 26 de marzo de 2017

Escaleiras poéticas





Unha das actividades que ideamos para celebrar a poesía foi converter as escaleiras do cole nun espazo de lectura. 
Eliximos o poema "Galicia" de Manuel María e seleccionamos duas estrofas. Repartimos os versos entre todas as aulas e os nenos escribiron as palabras e decoraron cadanseu verso.
Xuntámonos na Hora de ler para colocar os 8 versos ordeados formando o poema:


Escaleira by Slidely Slideshow

mércores, 15 de marzo de 2017

8 M: Mulleres na Ciencia

 As mulleres poden considerarse como as grandes olvidadas da historia.
 Aparecen tan escasamente na Ciencia, na Literatura e na Arte que parece que non participaron en estes ámbitos da cultura, cando sen moitas delas a historia da humanidade sería diferente.

Por que sucede isto?

Por unha banda, porque sempre tiveron moitos obstáculos para desenvolver os seus intereses e capacidades (moitas tiveron que loitar contra a incomprensión da sociedade do seu tempo ou contra a absurda discriminación baseada no sexo ),  por outra, porque ás que conseguiron facelo, nunca se lles recoñeceu o seu mérito e non aparecen nomeadas nas enciclopedias ou nos libros.

Os dereitos  que as mulleres do mundo occidental teñen na actualidade débense ao esforzo de moitas delas que, ao longo dos séculos traballaron para conseguilos, facéndose un oco nun mundo de homes.

Nós quixemos reivindicar o papel das mulleres na Ciencia enchendo o noso taboleiro de mulleres científicas porque, aínda que moitas sexan unhas descoñecidas, levaron a cabo importantes traballos de investigación e contribuíron na construción dunha sociedade máis xusta para mulleres e homes.