luns, 22 de abril de 2013

23 de abril

Alguén dixo algunha vez que quen regala un libro regala un tesouro.
 Certo é que non hai maior tesouro que a liberdade que proporciona a lectura ao permitir crear o noso propio mundo no que a imaxinación non ten límites e no que a mente viaxa a os lugares máis
recónditos.
Son moitos os que así opinan, e por este motivo existe un día no que se rende homenaxe a este pequeno obxecto creador de soños.
O Día do Libro comezou a celebrarse en 1995 para renderlle homenaxe, pero tamén para impulsar a venda de libros e protexer a propiedade das persoas que transmiten as súas creacións a través da escritura.
Dende entón, o 23 de abril de cada ano celébrase ese día con acontecementos especiais, no que os autores saen ás rúas a asinar as súas creacións ou presentar as novas e no que por tradición se regala un libro.

Esta é a nosa pequena homenaxe: 

Que é un libro? 

  

2 comentarios:

  1. Fermosísima montaxe!!! Parabéns! Si non tedes inconvinte gustaríanos compartila a través do noso blog de biblioteca.

    ResponderEliminar
  2. FINALISTA DOS VII PREMIOS ESPIRAL
    Os meu parabéns
    Congratulations, Carmen

    Aínda non es gañadora, pero para min xa o es dende fai moooooito. Este blog é un modelo, unha guía actualizada de actividades e recursos.
    Gracias por compartilo con todos nós.

    ResponderEliminar