Houbo un día na historia no que as flores silenciaron as armas.
Foi o 25 de abril de 1974 e sucedeu en Portugal, o noso país veciño.
O levantamento pacífico do exército e a resposta do pobo puxeron fin a 40 anos de dictadura .
"Grândola, Vila Morena" é unha canción composta e cantada por José "Zeca" Afonso que foi escollida polo MFA portugués como sinal da Revolución dos Caraveis.
A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo portugués , e estaba prohibida polo réxime como unha música asociada ao comunismo.
Ás 00.20 horas do día 25 de abril de 1974, a canción era retransmitida pola radio como contrasinal para comenzar a revolución. Esta é a razón pola que esta canción quedou asociada ao comezo da Democracia en Portugal.
O caravel convertiuse no símbolo da Revolución. Cando no amencer, as persoas comezaron a xuntárense nas rúas, apoiando aos soldados sublevados, alguén comezou a repartir caraveis vermellos entre os soldados, que rapidamente os colocaron nos canóns das súas armas como símbolo de que non desexaban disparar.
Esta é a orixe do nome dado a esta revolución.
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario