Hoxe dicimos adeus a un mes de marzo triste e gris, e non pola climatoloxía, senón por todo o que trouxo consigo ...
Por iso queremos despedilo, dicirlle ADEUS.
A ver se o ano que ven se comporta, e nos trata mellor...
Despois de máis dunha semana sin clase, non quere dicir que esteamos de vacacións.
Os contos sempre son benvidos, pero nestes días de encerro, no que cada un de nós ten que permanecer en cadansúa casa, sen saír, sen ver ós amigos, aínda se agradecen máis.
Estamos vivindo unha situación nova. O país está en situación de alerta e non podemos saír á rúa para evitar o contaxio e a propagación do Coronavirus .