sábado, 19 de abril de 2014

E tí, onde les?

Les no colo da mamá?
Les na cama co papá?
Les no cuarto de baño mentres ...  ?
Les a caixa dos cereais mentres almorzas?
Les no autobús?
Seguro que mais dun LE-ón ou LEO-na contestou SÍ a moitas das preguntas .

  Démoslle unha cámara as nenas e nenos colaboradores para que fotografasen aos compañeir@s,  irmáns, amigos ... realizando esta actividade tan pracenteira... porque no cole cada un de nós le onde lle peta.

Estas son as fotos que fixeron: 

domingo, 6 de abril de 2014

Se tí LES, eles LEN



Aquí estamos de novo outro mes de abril, outro mes dos libros.
 E este ano gustaríanos encher o mes de lecturas na biblio.
Porque @s nen@s pequen@s necesitan das historias e da literatura para medrar, para que un día comecen a contar as súas propias historias.
E necesitan que os adultos (sobre todo os da súa familia e achegados) se mostren diante deles como lectores pois iso faralles ver que a lectura é unha práctica social e cultural valorada polas persoas máis significativas nas súas vidas .
Por iso pedimos a vosa colaboración.
Queremos invitarvos (calquera membro da familia será ben recibido) a celebrar o Mes dos Libros connosco, cunha lectura na Biblioteca do cole.
Que vos parece convertirvos en CONTACONTOS por un día?
Achegádevos á Biblio, escollede un conto que vos guste, levádeo á casa para "facelo voso" e... xa está!
Quedaredes convertidos en "Contacontos profesionais"... e @s nen@s estarán encantad@s!
Estamos segur@s de que será unha experiencia que non esqueceredes, nin esquecerán @s vos@s fill@s,
 (ou net@s, ou sobriñ@s)...E deixará  unha pegada imborrable pola carga afectiva que implica escoitar un relato na voz de alguén querido.

ÁNIMO !
CONTAMOS CONVOSCO!



sábado, 5 de abril de 2014

Abril, Mes do Libro


Ano tras ano intentamos programar un Mes dos Libros con múltiples actividades para disfrutar dos libros dun xeito especial.
Queremos que sexan actividades orixinais, pero sobre todo divertidas .

Estas son as actividades que programamos na Biblioteca:


Animamosvos a todos a participar e vivir estas datas como unha verdadeira festa.

mércores, 2 de abril de 2014

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares

O pasado venres achegámonos a Santiago para participar nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014. 
Eramos mais de 500  mestras e mestres, responsables ou integrantes dos equipos de biblioteca de todos os centros que formamos parte do PLAMBE.
 Dende hai tres anos,  o noso centro está incluído neste proxecto  que fomenta a renovación das BibEs dos centros para que o alumnado do século XXI conte con recursos que os convertan en lectores competentes e lles axuden a desenvolver as súas competencias básicas 
   Os Encontros reuniron a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras e científicos como Jorge Mira.
Nós fomos convidad@s a participar nunha das Mesas de Experiencias para falarlles aos demáis compañeir@s sobre as actividades que levamos a cabo na nosa biblioteca. 
A verdade e que, despois de superar o medo escénico a falar diante de tanta xente, sentímonos orgullos@s de que o noso traballo se vexa recoñecido, e de que a nosa biblioteca sexa coñecida fóra das catro paredes que a rodean. 
Grazas pola invitación.

luns, 31 de marzo de 2014

Xogando ...

Como dicía a miña avoa : "Todo se pega!"
O outro día,  ao entrar na biblio, sorprendemos a este grupo xogando.
 Quedamos escoitando, e adiviñades a que xogaban? A prestar e devolver libros...
Jose era o bibliotecario e "anotaba" no ordenador os libros que levaban os demais.
Deixovos a escea en cómic:

xoves, 27 de marzo de 2014

Poesía na equipaxe

O Día da Poesía coincide coa chegada da primavera, tema que ten inspirado a poetas de todas as épocas e lugares
.A primavera  é unha  época do ano ideal para viaxar.
Nós quixemos mesturar estas dúas cousas e buscamos nos libros da biblio poemas que falaran de viaxes, poemas que falaran de  países lonxanos, poemas noutras linguas ... porque a poesía é un territorio universal onde os pobos mais alexados poden xuntarse mediante palabras de todas as cores, ritmos e sons.
Lémolos e despois, cada clase creou un poema dedicado ao país sobre o que está pescudando dentro do Proxecto anual  "A volta ao mundo con Efrén". Para recibir a primavera coa equipaxe  cheíña de poesía...

domingo, 23 de marzo de 2014

O noso bosque da poesía

Todos sabemos que o día 21 de marzo é un día moi "completiño": comeza a primavera, é o Día das Árbores e o Día da Poesía.
Nós quixemos reunir todo iso e argallamos esta actividade .
Cada clase elixiu a silueta dunha árbore .  Levámola á casa e tivemos que buscar un poema dedicado a unha árbore ou ao bosque.
 Podiamos buscar nun libro de poemas, podiamos pedir axuda aos papás, mamás, avós... Podiamos crear o noso propio poema...
 O caso era atopar unha poesía que nos gustara ... e escribila na nosa árbore .
Así é como loce o noso bosque da poesía:

sábado, 22 de marzo de 2014

21 de marzo, Día das Árbores

Como case todos os anos, recibimos a visita de Xosé Santos, o técnico forestal, que sempre que se achega ao cole trata de trasmitirnos o seu amor polas árbores e a natureza.
Esta vez viña moi ben acompañado... O profe Pepe veu axudarnos coas actividades e a plantación ...
Hai xente que colecciona cromos... Nós coleccionamos árbores.
Cada ano, polo Día da Árbore, Santos aparece cargado con especies diferentes. Hoxe trouxo abetos de Douglas, pradairos, cerdeiras, e algún carballo.
Cando pasen uns anos, o noso patio será un espazo   onde os paxaros, os esquíos e os coellos atoparán acubillo e non pasarán fame.
Agora só nos queda coidar as nosas árbores para que medren e dean froitos... 
Podedes ver as fotos aqui abaixo. (A canción é de Paco Nogueiras Nodar e titúlase "Cos pés na terra", como o noso proxecto de hai tres anos)



Pero este ano, Santos trouxo tamén un xogo de orientación.
Como sabe que estamos "viaxando ao redor do mundo"...

<

mércores, 19 de marzo de 2014

Medramos compartindo ...

Outra das actividades das semanas da Paz e do Amor  foi o traballo colaborativo levado a cabo entre os nenos e nenas de 2º de EP e os de EI 3.
Os maiores axudaron aos "peques"  a que "desen a lata" da mellor maneira posible.
Como?
Compartindo o seu tempo con eles e axudándolles a dar os últimos toques á decoración  das súas latas.

Podedes velo todo no video que prepararon as profes no que proclaman aos catro ventos a amizade que xurdiu entre tod@s eles.

 

Xornalistas pola PAZ


Tardamos un pouco, pero... todo o bo se fai esperar !
Presentámosvos o terceiro número da nosa  revista de PAZ, na que todas as nenas e nenos do cole se converten en xornalistas e redactan noticias que non é doado atopar nos xornais : noticias que falan de colaboración, tolerancia,  xustiza, amizade, alegría...
Que máis se pode pedir?

domingo, 9 de marzo de 2014

Rosalía

Esta é a homenaxe das nenas e nenos de 6º  no Día de Rosalía.
Traducimos ao inglés os primeiros versos do seu poema "Adiós ríos, adiós fontes".
A ver que vos parece a montaxe que fixemos:


Rosalia de Castro Day - 24/02/2014
"Adios rios, adios fontes" translated into English by Students in Grade 6 -

luns, 3 de marzo de 2014

Festa de Entroido

Todos os Entroidos, moit@s nais, pais, avoas, avós... e demais familia achéganse ao cole para ver os disfraces que elaboramos axudados polas profes, e nanlgúns casos, polas mamás ...
Este ano, o tempo non deu tregua, e tivemos que facer o desfile no interior por mor da chuvia. 
Pero, aínda a pesar do reducido do espazo, pasámolo estupendamente:



Festa de Entroido no CEIP Saco e Arce.
Proxecto; "A volta ao mundo con Efrén"

Semana de Entroido



 O luns, Efrén e un amigo que veu de visita apareceron disfrazados de Willy Fogg e Romy, os personaxes da serie de debuxos animados "A volta ao mundo"
Estamos tod@s (profes, mamás, papás, avoas... e nen@s ) traballando arreo para ter preparados os nosos disfraces para a festa do venres.... se o tempo o permite.

... Porque este  ano, con tanta chuvia e tanto vento ...
 Non sei ..., non sei como andará a cousa...
Dende logo, ímolo pasar ben de calquera maneira...


Comezamos a semana cos  Mandadiños de Efrén:


De tanto viaxar polo mundo , fómonos acostumando aos cambios:
Cambio de hora...
Cambio de moeda...
Cambio de idioma...
CAMBIOS, CAMBIOS, CAMBIOS...


Vede o resume da semana
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free picture slideshow

Tamén andamos atarefados ensaiando a canción que escribiron os nen@s maiores coa profe de música.
A música é da Orquesta Mondragón: " Ven Viaxar Connosco"