E continuamos coas sesións de formación de ususarixs na biblioteca. Desta vez é a quenda do alumnado de 1º, 2º e 6º de EP.
E tamén participaron na actividade as alumnas e alumnos de 3EP. Ver as fotos en Drive
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
martes, 29 de outubro de 2019
luns, 28 de outubro de 2019
Feliz Biblioteca!
As bibliotecas escolares, a nosa entre elas, celebraron tamén o seu día o pasado 24 de outubro programando actos específicos nos que lembrar as oportunidades que ofrecen para estimular a formación lectora do alumnado e reforzar a adquisición de todas as competencias e contidos incluídos no currículo.
A biblioteca escolar é a primeira biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do colexio. É a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar as outras, que os pon en contacto con eses outros espazos decoñecemento e de lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas (e todas boas), que son as bibliotecas públicas, eses lugares para a igualdade e a diversidade que son as BIBLIOTECAS.
(Texto da Asesoría de Bibliotecas Escolares)
Nós dedicamos toda a semana a coñecer un pouco máis a nosa Biblioteca a través dun Escape room, un xogo no que participaron todas as nenos e nenas acompañadxs por Efrén.
Tiveron que responder unha serie de cuestións e resolver uns cantos enigmas relacionados co coñecemento dos espazos da biblioteca, a distribución dos fondos, o uso das tablets e os buscadores de internet para lograr reunir as tres chaves que abrían a caixa onde estaba gardada a vacina para destruir o virus L1-XO, catalogado hai varios anos pola Dra. Ana Tureza. No proceso estiveron acompañados por Efrén, a nosa mascota e ata recibiron unha mensaxe da doutora en persoa:
Estas son as probas que tiveron que resolver xs alumnxs
2 Pistas Escape Room by Ceip Saco e Arce on Scribd
- Escape room en E Infantil
- Escape Room en E. Primaria
domingo, 27 de outubro de 2019
Cóntasme un conto?
Na Semana da Biblio houbo nenas que agasallaron aos compañeirxs máis pequenxs contándolles un conto.
Elixiron o conto
Os ensaios na biblioteca foron encamiñados a conseguir unha boa fluidez lectora e unha entoación axeitada.
Elixiron o conto
Os ensaios na biblioteca foron encamiñados a conseguir unha boa fluidez lectora e unha entoación axeitada.
venres, 25 de outubro de 2019
Dia da Biblioteca
As bibliotecas escolares desempeñan un papel moi importante nas escolas e son un vehículo de transmisión de coñecemento, non so a través dos libros senón tamém das actividades que aquí se desenvolven.
Celébrase cada 24 de outubro en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992, durante a Guerra dos Balcáns, e co obxectivo de concienciar sobre a importancia da lectura.
Cada ano, encárgase a un escritor/a e a un ilustrador/a a redacción do pregón e o deseño do cartaz que se difunde entre todas as bibliotecas de España.
Este ano os elixidos foron a escritora Gemma Pasqual e o ilustrador Miguel Calatayud
Este é o texto do pregón :
A SEN CONTO
Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.
E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.
Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.
Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.
Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.
Tradución: Héctor Cajaraville
martes, 15 de outubro de 2019
Radio na Biblio
Grazas ao proxecto Radio na Biblio, a nosa Radio Tarabela comezará a emitir en breve.
Con esta iniciativa, buscamos favorecer e apoiar o deseño e desenvolvemento de programas para a mellora da competencia informacional e mediática do alumnado, ademais de ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

domingo, 29 de setembro de 2019
Comezamos: Presentación do Proxecto Anual
Ao longo deste curso imos investigar e aprender sobre o Desenvolvemento Sostible.
Desenvolver a capacidade para aprender sobre o desenvolvemento sostible
Ampliar os coñecementos sobre os ODS, que inclúen non so a defensa do medio ambiente e a loita contra o cambio climático , senón tamén a eliminación da pobreza, a educación inclusiva, a igualdade da muller ...
E nada mellor que aproveitar a motivación xenerada pola manifestación mundial do día 27 en defensa da Terra para presentar o noso proxecto, que titulamos "R que R que R"
Con el pretendemos:
Concienciar e sensibilizar as nenas e nenos ante os problemas medioambientais en temas como a enerxía, o aire, a auga, os recursos naturais, a paisaxe ...
Fomentar o interese polo coidado e mellora da contorna
Desenvolver a capacidade para aprender sobre o desenvolvemento sostible
Ampliar os coñecementos sobre os ODS, que inclúen non so a defensa do medio ambiente e a loita contra o cambio climático , senón tamén a eliminación da pobreza, a educación inclusiva, a igualdade da muller ...
Ao longo da semana, xs nenxs reflexionaron sobre o coidado e protección do medio ambiente e realizaron cartaces sobre ecoloxía .
O venres todxs viñeron ao cole cunha camiseta verde . Xuntámonos na Biblioteca e proxectamos varias curtas sobre o medio ambiente. Cantamos a canción "Quero ser ecoloxista" de Pablo Díaz .
Saímos ao patio cos cartaces e fixemos un minuto de silencio pola Terra.
venres, 21 de xuño de 2019
Cantigas de Alongos
Para conmemorar os 150 anos da Gramática Galega de Juan A. Saco e Arce, decidimos reescribir e ilustrar as cantigas, romances e outras pezas que o escritor recompilou polas terras de Alongos e que forman parte do seu libro "Literatura Popular de Galicia" . Por iso o titulamos Cantigas de Alongos.
Para editalo precisabamos financiación e a Deputación ofreceunos a súa imprenta. O día 18 fixemos a presentación do noso traballo e entregamos unha copia a cada familia.
D. Juan Luis Saco, un dos descendentes do noso escritor, non quixo perderse o acto. Tamén nos acompañaron o inspector de educación, algunhas familias, dous representantes do Concello e D. Manuel Doval, que puxo a imprenta da Deputación a nosa disposición.
E que vos parece o mural que pintamos na fachada? Regalóunolo o Concello.
Quedou moi chulo, verdade? Nel, Efrén recórdanos a data a conmemorar.

xoves, 13 de xuño de 2019
Baiona
"O sabor da aventura está no mar", o programa do Plan Proxecta no que participamos ao longo deste curso, invitounos a visitar Baiona.
Estivemos na Casa da Navegación, onde vimos as redes, as nasas e outros aparellos de pesca que se empregaban hai uns anos. Tamén nos amosaron un dos poucos petroglifos con forma de barco que se teñen atopado. Ten máis de 2000 anos e está en Oia e vimos unha maqueta da nao Santa María e unha réplica do Scarlet Knight, pequeno submarino que cruzou por primeira vez o Atlántico sen tripulación.
CasaNavegacionBaiona2019 by Slidely Slideshow
Fomos tamén á lonxa,onde se subasta o peixe e o marisco que se captura en Baiona, aínda que non había moita actividade. Explicáronnos como se fai a subasta e que especies son as máis habituais : ourizo, ameixa, percebe, robaliza ...
LonxaBaiona2019 by Slidely Photo Gallery
Invitáronnos a unha comida mariñeira, con ensalada e hamburguesa de peixe....
Hora de xantar by Slidely Photo Gallery
Recorremos o paseo arredor do castelo de Monte Real . Hai unhas vistas fantásticas!
De paseo by Slidely Photo Gallery
En Baiona hai unha réplica da Carabela "La Pinta", unha das que levou Cristobal Colón para descubrir América. A esta vila chegou de regreso no ano 1493 capitaneada por Martín Alonso Pinzón. Así, Baiona converteuse no primeiro porto de Europa que recibiu a noticia do descubrimento do novo continente.
Dentro puidemos ver figuras que representan a tripulación e aos indíxenas americanos, ademáis de reproducións dos metais , plantas, alimentos e animais exóticos que acharon no novo mundo.
NavegamosComaColón by Slidely Photo Gallery
Por último, visitamos a Virxe da Rocha. É unha escultura de granito coa cara e as mans de mármore branco, construida en 1930 polo arquitecto modernista Antonio Palacios. Ten 15 metros de altura e representa a patroa dos mariñeiros sostendo unha barca na súa man. Dende o mirador hai unhas espectaculares vistas da ría.
Paisaxe by Slidely Photo Gallery

venres, 24 de maio de 2019
Cans
O Festival de Cans é un festival moi especial.

Celébrase sempre, dende o ano 2004, o terceiro ou cuarto fin de semana do mes de maio, coincidindo co festival de Cannes en Francia.
Cans é un festival de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante.
Durante o festival, a aldea transfórmase completamente.
Os veciños e veciñas ceden os seus espazos cotiáns para seren de uso público por uns días.
Hai dez espazos ( O Cuberto de Chelo, o Cuberto do Pato, o Baixo de Carlos, o Baixo de Alfonso, a Casa do Pedreiro, o Jalpón de Alicia, o Baixo do Carreira, a Casa de Mari, o Baixo de Bugarín ou o Baixo do Moncho) que se converten en salas de proxección, e que durante o ano son adegas, alpendres, jalpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas.
Outros espazos, como placas de casas en construción, galiñeiros ou leiras convértense en lugares para actuacións musicais e outras actividades.
Ademáis do festival de curtas hai estreas de filmes e documentais, coloquios con cineastas, roteiros sonoros e un feixe de actividades repartidas por toda a aldea.
E en Cans a xente trasládase dun lado a outro en chimpíns, que son como as limusinas de Cannes.
As pantallas son construidas por dous carpinteiros da aldea , e a herba empacada e as táboas pasan a converterse en asentos para que o público vexa os filmes.
Hai curtas de ficción, de animación, documentais, concurso de videoclips ...
Nós estivemos no Baixo de Bugarín onde asistimos á proxección de varias curtas e falamos cunha deseñadora de vestiario. Despois fixemos unha visita guiada polos lugares máis emblemáticos da aldea: O Jalpón de Alicia, a Leira onde se celebran coloquios con directores e directoras recoñecidas, e vimos o Parque do Río que se adicada ás familias e á programación para os cativos: o MiniCans.
Tamén estivemos en O Torreiro, un espazo que rende tributo a todas as grandes personalidades do cine que levan pasado pola aldea. Cada unha das lousas de pedra co debuxo dunha estrela corresponde a un homenaxeado. Alí teñen a súa estrela Luis Tosar, Isabel Coixet, Fernando León, Mabel Ribera, Celso Bugallo, Javier Gutiérrez ou José Luis Cuerda. No medio da estrela os homenaxeados non deixan as pegadas das súas mans como en Hollywood, senón que marcan os seus cinco dedos, formando as súas “pezuñas” reais.

luns, 20 de maio de 2019
VII Romaría das Letras
Como pasa o tempo!
Sa van sete anos dende que decidimos celebrar o Día das nosas Letras cunha festa popular !
E as familias seguen a animarnos coa súa presenza ...
Este ano, por mor do "fresco" que ía, representamos as obras de teatro no escenario interior.
Pero, todo saiu moi ben!
EI: "A carrasquiña"
1º e 2º EP : O casamento da pulga
3º EP: "Romaría sen comida"
4º EP: A cabeza non para...
5º EP : "A consulta da Dra Casimira"
6º EP:"Eu creo no noso!"
Bandas sonoras
Bandas sonoras
domingo, 5 de maio de 2019
Maios
O cole ole a rosas, caraveis, xestas, fiuncho e outros aromas vexetais. Tamén a pousos de café.
As nenas e nenos de E. Infantil prepararon os materiais para elaborar as súas alfombras florais.
Primeiro houbo que desfollar as flores e separalas por cores: branco, amarelo, vermello, rosa, verde...
Tiveron tamén que pintar o serrín que trouxo Sara .
Con todo preparado, saíron ao patio a combinar todos os elementos e crear uns tapices ben coloridos, unhas obras de arte efímero que facían referencia a dúas películas infantís: "Buscando a Nemo" e "Río".
Xa sabiamos que as obras tiñan as horas contadas, pero... experimentar con materiais naturais é toda unha aventura ...
Maios2019_ Alfombras by Slidely Photo Gallery

xoves, 2 de maio de 2019
Preparando as Letras Galegas
Antón Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo.
Pero foi ante todo un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía.
A súa vida, é un exemplo de como a calidade humana, o esforzo, a bondade e a xenerosidade sempre son recompensadas.
Recursos para traballar sobre a figura de Antonio Fraguas
- Recursos do Seminario Galán
- Video da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol).
- Liña do tempo do IES Sampaio de Tui
- Portal das Palabras : Antonio da Insuela en sete obras

- Portal das Palabras : Sete Palabras de Antón Fraguas

Primavera das Letras: Xogos interactivos, fichas didácticas e outros materiais
mércores, 1 de maio de 2019
Bocata de vitaminas
Ponlle as pilas ao teu bocata é unha iniciativa que percorre toda Galicia achegando aos escolares os beneficios dos alimentos do mar . A través de charlas e obradoiros o alumnado descubriu a ampla variedade de alimentos en conserva, sans e nutritivos, que poden atopar, todos os nutrintes que lles aportan e ademáis aprenderon receitas sinxelas que poderán repetir na casa para sorprender ás súas familias.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)