Personaxes terroríficos e enfeitizados -bruxas, pantasmas, trasnos, espíritus- saen dos seus contos e lendas para mesturarse entre os mortais que se preparan con disfraces, carautas, pelucas, pinturas, e libros e películas de terror para recibilos... sempre mantendo o ambiente de troula e o bo humor.
Samaín 2014 by Slidely Photo Gallery
E.. este é o esconxuro que escribiron @s brux@s de 5º e 6º de EP ...
Esperemos que non se cumpra...
Abaixo podedes ler o libro "Monstros" no que colaboraron todas as nenas e nenos:
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
venres, 31 de outubro de 2014
O Samaín: un pouco de historia
O Samaín celebrábase hai mais de 2500 anos en todo o territorio celta na noite do 31 de octubre con motivo do remate da temporada de colleitas e a chegada do inverno.
Os druídas consideraban esta data un momento perfecto para reverenciar as ánimas dos mortos que voltaban ás súas antigas casas a visitar ás súas familias, quentárense a carón do lume e comer os alimentos que os parentes con agarimo lles tiñan preparados.
Ao caer a tarde, os druídas acendían foqueiras para guiar aos mortos na escuridade e facilitarlles o camiño a aldea para participar nas honras preparadas polas familias.
O costume era deixar comida e doces fóra das súas casa e acender candeas para axudar ás ánimas dos mortos a atopar o camiño cara a Luz e o descanso xunto ao Deus Sol, nas terrras do Verán.
Pero ese último día, os espíritus tamén podían salir dos cemiterios e apoderarse dos corpos dos vivos para resucitar, pedirlles alimentos e maldecilos, facéndoos víctimas de esconxuros se non accedían as suas peticions.
Algúns veciños adoitaban disfrazarse con peles e cabezas de animais para asustar e despistar a estes malos espiritus.

Esquecida case por completo durante décadas, a festa de Samaín comezou a recuperarse hai uns anos e a celebrarse e gran número de lugares onde algúns anciáns aínda recordaban a tradición que consistía na elaboración de feroces caveiras feitas de remolachas, nabos ou cabazas e que coincidía cos días de Defuntos e Todos os Santos (1 e 2 de novembro)
De estas tradicións celtas procede o noso costume de reverenciar aos que xa non están connosco o Día de Defuntos, visitar os cemiterios e poñer flores e candeas nas sepulturas.
No século XIX a tradición chegou a Estados Unidos dende países como Escocia e Irlanda, xa que moita xente emigrou a Norteamérica fuxindo da fame que asolaba Europa naqueles anos. Esta é a orixe do Halloween (All Hallows' Eve, "véspera de Todos os Santos").
![]() |
| Santi Gutierrez |
sábado, 25 de outubro de 2014
24 de Outubro, Día da Biblioteca
Coma todos os anos, celebramos o Día da nosa Biblio con varias actividades. Unha na que aos nen@s máis lles gusta é o apadriñamento lector, ao que nós lle chamamos Regáloche un conto. Como estivo tan bo día, algúns aproveitaron para ler no patio. Outr@s preferiron ler no interior do cole, pero tanto uns coma @s outr@s buscaron o seu libro preferido e achegáronse cos seus "afillados" ao recuncho elixido .
Tamén participamos no Obradoiro de creación de marcapáxinas que organizaron @s profes. Así poderemos ter ao noso propio Efrén acompañándonos mentres lemos.
Día da Biblioteca, 2014 by Slidely Photo Gallery

domingo, 19 de outubro de 2014
Outubro... Mes das Bibliotecas
Outro ano máis, como sucede dende 1997 en recordo da Biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992 durante o conflicto dos Balcáns, estamos a piques de celebrar o Día da Biblioteca Escolar.
Cantos proxectos e actividades levamos a cabo cada ano dende a Biblioteca Escolar para todas as aulas do centro!
Sen dúbida, a Biblioteca é un recurso indispensable para espertar n@s nos@s alumn@s a curiosidade e o gusto pola lectura.
Que vos parece se, xunto coa vosa profesora ou profesor, comentades os carteis sobre os libros e a lectura que acharedes na presentación ?
Que vos suxiren as imaxes?
Estades de acordo coas mensaxes? Cambiariades algunha?
Expoñeranse no taboleiro e... @s que participedes teredes unha sorpresa!!
sábado, 18 de outubro de 2014
Bibliotecas e cadros
Pensades que unha biblioteca pode ser o tema dun cadro?
Credes que haberá pintores que representen (ou representaron) este tema nos seu cadros ?
Pois si... as bibliotecas foron e seguen sendo motivo de inspiración para os artistas
Moitos pintores, de todos os estilos pictóricos, debuxaron coas súas pinceladas bibliotecas reais ou imaxinarias, mostrando nos seus lenzos a súa visión destes lugares.
Para algúns semellan ser o paraíso da imaxinación e da fantasía, para outros o paraíso do saber, para os de mais alá o paraíso do entretemento...
E vós, como vedes a biblioteca?
Que imaxe tendes dela?

Que é para vós?
Mirade estes cadros que seleccionei para vós. A ver que vos parecen. Ao rematar, respondende a estas preguntas:
En que biblioteca credes que estarán gardados os vosos libros favoritos?
Cal é a biblioteca que mais vos gustou?
luns, 13 de outubro de 2014
Un proxecto con moita ARTE
Comezamos este curso poñendo en marcha un novo proxecto; o proxecto no que todo o cole traballará de forma colaborativa : ESCOLA DE PINTORES.
Con el pretendemos achegar as nenas e nenos ao mundo da ARTE, máis concretamente ao mundo da PINTURA.
A arte é unha boa estratexia para a educación en todas as áreas. Nos primeiros anos, potencia o pensamento crítico, reflexivo e creativo. É unha ferramenta de aprendizaxe que estimula a crear e innovar. Cando @s nen@s poden coñecer e apreciar obras de arte, estimulamos a súa sensibilidade e brindámoslles un modelo no que apoiarse. A actividade de crear é produto da capacidade de cada persoa para imaxinar, buscar e inventar, polo que xa dende pequenos debemos procurar que disfruten de actividades artísticas, usando a imaxinación e expresando libremente as súas ideas.
Ao estimular a libre expresión, todas as artes contribúen a desenvolver un aspecto esencial:a creatividade.
Segundo o manifesto "20 razóns polas que a arte é boa para os nenos" do Museo de Arte para nen@s MOCHA (Museum of Children's Arts- Oakland, California, USA), a arte estimula o cerebro, fomenta a autoestima, favorece a coordinación e a expresión, ensina a pensar e a resolver problemas. A arte é valiosa por sí mesma e, a través dos seus traballos, os rapaces/as aprenden a valorarse a sí mesmos e a mundo que os rodea.

venres, 13 de xuño de 2014
We are HAPPY
Que é a felicidade?
Para nós, a felicidade vai moito máis alá de ter, de posuír .Reside nas emocións: na ilusión, na empatía, na imaxinación ...
Na casa, pero tamén na escola, tratamos de educar nen@s felices.
Que cousas pensades vós que fan felices aos nenos e nenas?
As cousas máis sinxelas son as que nos fan máis felices...
E cando somos felices, demostrámolo...
Como? Mirade o video
domingo, 1 de xuño de 2014
Miguel Ángel Alonso

Miguel Alonso chegou a Toén co sorriso nos beizos. Será porque fai o que lle gusta? Él di que é "un soñador que non soña. Vive un soño!"
E debe ser certo.
O que se percibe tralo seu sorriso é que é unha persoa feliz.
Contounos que hai dous libros que o acompañan dende neno, e que os leu moitas veces, porque "cada vez que volves ler un libro, descobres algo novo". Son : "O principiño" de Saint-Exupèry e "Momo" de Michael Ende.
Comezou a escribir cando aínda non tiña barba. Estaba aínda na escola e os seus compañeiros eran o seu público.
É o autor, xunto con Luz Beloso que pon a súa arte ao servizo das historias que conta Miguel, de tres libros para nenos :"O cullarapo croque"(2012)
"A nena a que non deixaban ser feliz" (2013)
"O soño de Esther"(2014)
Contounos o conto do cullarapo Croque e ensinounos a facer debuxos de luz.Amosounos tamén como se desenvolve o proceso de edición dos seus libros .
Tivemos nas mans os "ferros" do libro "A nena a que non deixaban ser feliz", que son as probas de impresión , unha especie de ensaio, para ver o libro montado tal e como sairá das máquinas. Tamén vimos as pranchas, unhas láminas de metal que levan toda a información para imprimir cada unha das follas que formarán o libro, e os pregos, o conxunto de páxinas que se imprimen nunha mesma folla e que logo hai que dobrar , cortar e encadernar.
Foi unha charla moi interesante .
Só nos queda dicir: Grazas, Miguel, pola visita e por compartir connosco a maxia dos teus libros.
Miguel Alonso by Slidely Slideshow
As fotos da Festa
Estas son algunhas das fotos da nosa FESTA das LETRAS
Ceip Saco E Arce's Slidely by Slidely Slideshow
Ceip Saco E Arce's Slidely by Slidely Slideshow
mércores, 28 de maio de 2014
Parabéns, Quino
Mafalda cumprirá en setembro 50 anos.
E para celebralo, hai algo mellor que recibir un premio?
Sabedes que esta "nena" naceu coma un encargo que unha firma de electrodomésticos lle fixo a Quino, o debuxante? Pois sí. Naceu coma unha idea publicitaria, aínda que non chegou a empregarse para ese fin.
Quino deuse conta de que este personaxe e os demais que a acompañan (Miguelito, Susanita, Manolito, Felipe, Libertad ou Guille), poderían representar moi ben a clase media arxentina dos anos 60 e comezou a publicar as tiras nun xornal .
É case imposible non verse retratado ou ver reflexada a personalidade de alguén do noso entorno nalgún dos personaxes de Mafalda.
Como é unha nena pequena , pode cuestionar calquera tema dun xeito que a primeira vista parece inocente, pero que resulta unha crítica mordaz ao comportamento das persoas.
.As súas reflexións servirán (por desgraza) durante moitos anos máis, pois critican actitudes que a humanidade segue mantendo.
Dela podemos aprender a non ser egoístas e outros valores importantes na vida como a amizade, a lealtade, o valor, o disfrute dos libros, o amor á natureza ...
A mín encántame o mimo co que Mafalda coidaba o seu globo terráqueo, abrigándoo e meténdoo na cama para que non enfermara ..
Ogallá dentro doutros 50 anos, as queixas e críticas de Mafalda queden desfasadas!. Iso significará que vivimos nun mundo mellor.
E para celebralo, hai algo mellor que recibir un premio?
Quino gañou o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, 2014
Sabedes que esta "nena" naceu coma un encargo que unha firma de electrodomésticos lle fixo a Quino, o debuxante? Pois sí. Naceu coma unha idea publicitaria, aínda que non chegou a empregarse para ese fin.
Quino deuse conta de que este personaxe e os demais que a acompañan (Miguelito, Susanita, Manolito, Felipe, Libertad ou Guille), poderían representar moi ben a clase media arxentina dos anos 60 e comezou a publicar as tiras nun xornal .É case imposible non verse retratado ou ver reflexada a personalidade de alguén do noso entorno nalgún dos personaxes de Mafalda.
Como é unha nena pequena , pode cuestionar calquera tema dun xeito que a primeira vista parece inocente, pero que resulta unha crítica mordaz ao comportamento das persoas.
.As súas reflexións servirán (por desgraza) durante moitos anos máis, pois critican actitudes que a humanidade segue mantendo.
Dela podemos aprender a non ser egoístas e outros valores importantes na vida como a amizade, a lealtade, o valor, o disfrute dos libros, o amor á natureza ...
A mín encántame o mimo co que Mafalda coidaba o seu globo terráqueo, abrigándoo e meténdoo na cama para que non enfermara ..
Ogallá dentro doutros 50 anos, as queixas e críticas de Mafalda queden desfasadas!. Iso significará que vivimos nun mundo mellor.
Festa das LETRAS, 2014
Por segundo ano consecutivo, un grupo de papás-gaiteiros prestáronse a amenizarnos a Festa das Letras e viñeron ao cole acompañados das gaitas e os tamborís.
Nós recitamos, cantamos, bailamos e representamos o que tiñamos preparado para todas as familias que se achegaron a vernos.
Ao rematar, como non podía ser menos, houbo festa e merenda.
- 3º Ciclo : "Diaz Castro"
- EI: "O gaiteiro de Toén"
- 1º Ciclo: "A amora na silva"
- 1º e 2º: Baile "Perico Pérez"
- 2º: "A bertolina"
- 2º : "Malo será..."
- 2º Ciclo: Muiñeira de Chantada" "O tren" "Rap dos continentes"
- 3º ciclo : "Picadura mortal"
- Himno Galego

Gústannos os contos
A tod@s nos gusta que nos conten contos.
Xa o temos probado en moitas ocasións.
Todos os anos invitamos a algunha (ou algún) contacontos profesional a que se achegue ao cole e nos deleite co seu bo facer.
A semana pasada estivo connosco Nate, do grupo de teatro Sarabela , compartindo con tod@s a maxia dos contos .

mércores, 14 de maio de 2014
As familias CONTAN moito : GRAZAS
Xa sei quen non hai excusa, pero a falta de tempo foi a causa da tardanza.
GRAZAS, GRAZAS e GRAZAS a todas as mamás e ao papá que nos regalaron un anaco do seu tempo e compartiron connosco a maxia dos contos durante o noso Mes dos Libros.
Nas presentacións de embaixo podedes ver o ben que o fixeron.
(NOTA: Xa sei que se escoitan moitas músicas mesturadas ao abrir a páxina. Síntoo, pero se configuramos as presentacións para que non empecen automáticamente, non se escoita a música e perden moito. Premede no altofalante de cada slide (arriba, á esquerda) e logo abride a que vos interese. )

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)