O día da Biblioteca é moi especial .
Este ano, para celebralo, quixemos render unha pequena homenaxe as bibliotecas, facendo un repaso por algúns destes lugares de estudio e de encontro de lectores que nos ten deixado o cinema.
Temos visto moitos personaxes de películas movéndose por elas. Da igual que sexan comedias, dramas ou thrillers, a acción entre libros é un tema moi variado.
As bibliotecas son, o mesmo que o cinema, unha auténtica porta á imaxinación e en moitas películas aparecen como lugares de coñecemento e de axuda para resolver misterios e investigacións.
Queredes acompañarnos no noso percorrido por algunhas das bibliotecas que aparecen nas películas?
Que che pareceron as películas e as bibliotecas que aparecen nelas?
Cal che gusta máis?
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
sábado, 27 de outubro de 2018
venres, 26 de outubro de 2018
Lemos xuntos
A actividade de compartir lecturas é o punto de partida para que os cativos comecen a interesarse polas historias e pola lectura e para que os maiores se fagan responsables da súa propia aprendizaxe, mellorando a súa autonomía e comunicación interpersoal.
Esta actividade tamén pretende conseguir obxectivos que reforzan o traballo realizado diariamente nas aulas. Entre eles podemos destacar, entre outros, a práctica da lectura expresiva cunha vocalización, entonación e ritmo axeitados, mellorar a comprensión lectora, diferenciar os elementos estructurais dos contos ...
Pero o máis importante é a emoción que reflicten as caras dos padriños e madriñas e a ilusión con que os afillados agardan o momento de recibir o agasallo feito conto.

xoves, 25 de outubro de 2018
O Cinematomago: ilusión, maxia e... acción
O curso pasado aprendemos o que era o cinematógrafo: un aparello que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento.
E todos sabemos o que é un mago, non si? É unha persoa capaz de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes.
Entón, que é un CINEMATOMAGO?
Pois, segundo o Mago Paco, é un personaxe que converte as imaxes en movemento en maxia, así de sinxelo!
Co seu espectáculo, a "maxia do cine" fíxose realidade na nosa biblioteca grazas á ANPA,
que o convidou a vir.
A través da maxia, presentounos varias esceas de películas moi coñecidas: ET, Buscando a Nemo, A Sereíña, A guerra das Galaxias e moitas máis.
Como tivemos que axudarlle nalgúns trucos, descubrimos que no noso cole hai superheroes como Brais, con superpoderes superextraordinarios, capaces de adiviñar o que lle poñan diante.
Tamén que Lara e Hugo, grazas á telepatía, son quen de concentrarse e transmitir o que están a pensar. Iso sí, tiveron que axudarse dunha antena para captar mellor as ondas, todo hai que dicilo.
Tivemos sorte de que non desaparecera ningún de nós , porque os seus trucos son fantásticos!

mércores, 24 de outubro de 2018
24 de Outubro: Xornada festiva
O día 24 de outubro, DÍA DA BIBLIOTECA , quixemos empregalo para dar a coñecer a labor da nosa biblioteca, os seus servizos, os seus recursos e as melloras que estamos levando a cabo.
DiaDaBiblio2018 by Slidely Photo Gallery
Tamén quixemos recoñecer e agradecer a labor do alumnado voluntario que colabora connosco nos recreos. Eles foron os que entregaron as mochilas viaxeiras a cada clase para que comecen a súa viaxe e os que entregaron os carnés ao novo alumnado.
Ademáis, mostramos ao alumnado os videos que gravamos e fixemos o sorteo das madriñas e padriños de lectura.
DiaDaBiblio2018 by Slidely Photo Gallery
luns, 22 de outubro de 2018
Benvidos á Biblio
Como por arte de maxia, todos os nenos e nenas quedaron conxelados, (uns máis ca outros, todo hai que dicilo) coma se foran estatuas para ensinarlle ao mundo a nosa biblio que, como todos sabedes, está en proceso de mellora.
domingo, 21 de outubro de 2018
A nosa biblio
O Equipo TIC do cole preparou este video onde os nenos e as nenas, dende os máis maiores ata os máis pequenos, dende os máis veteranos ata os recén chegados nos falan da biblioteca do cole.
Que é a biblioteca?
Que se fai alí?
Gústalles ir?
Mirade as súas respostas:
Que é a biblioteca?
Que se fai alí?
Gústalles ir?
Mirade as súas respostas:
sábado, 20 de outubro de 2018
Semana da Biblioteca
Para que esteades enterados das actividades que levaremos a cabo no cole ao longo desta semana, déixovos o cartel que elaborou o Equipo de Biblioteca:
Teremos actividades de todo tipo.
Para que nos poñamos ao día co noso proxecto interdisciplinar, a Asociación de Familias (AFA) convídanos ao espectáculo "O Cinematomago" no que o mago Paco nos presentará os clásicos do cinema de todos os tempos a través da maxia.
Seguro que a frase tantas veces escoitada "a maxia do cine" se fará realidade en directo na biblioteca do cole.
sábado, 15 de setembro de 2018
Ola, Ola...
Benvidos ao cole rapaces e rapazas, meniños e meniñas, papás e mamás ...
Comezamos con ilusións renovadas e cheos de enerxía para afrontar novos retos con todos vós.
Coa colaboración e a participación de todos e todas, o curso será inesquecible, porque...
Educar é o mesmo
que poñer un motor nunha barca.
Hai que medir, pesar, equilibrar...
e poñer todo en marcha.
Pero para iso
un ten que levar na alma
un pouco de mariño,
un pouco de pirata,
un pouco de poeta
e un kilo e medio de paciencia concentrada .
E gústanos soñar
que esa barca - ese neno-,
irá moi lonxe pola auga...
E levará as nosas palabras
cara portos distantes,
ata illas lonxanas ...
(Adaptación dun poema de F. Gainza)
luns, 21 de maio de 2018
Homenaxe a Pura Vázquez
Os alumnxs de 5º e 6º do noso "cole" formaron parte do grupo de cerca de 300 escolares e profesores/as de varios centros da provincia que se achegaron ao Carballiño para, na chamada Insua dos Poetas, render homenaxe a Pura Vázquez, a escritora e mestra ourensana, no centeario do seu nacemento.
Ao longo da mañá, os rapaces lembraron a figura desta poetisa pioneira da literatura infantil e participaron activamente na homenaxe desenvolvendo diferentes actividades coma dramatizacións conxuntas do texto Visitas ao bosque, xogos literarios e lectura de poemas da autora Amante e O Caracol, así como un obradoiro de creación de poemas.
O acto contou tamén coa actuación do grupo musical "A roda" , que interpretou textos musicados da autora e rematou diante do monumento dedicado á escritora e a sua irmá Dora no espazo de natureza e cultura da Esgueva .
HomenaxePuraVazquez2018 by Slidely Photo Gallery
Pura Vázquez Iglesias

Carmen Pura Vázquez Iglesias (Ourense, 1918-2006) foi mestra, pioneira da literatura infantil galega e a primeira muller en publicar na lingua propia de Galicia tras a guerra civil. A súa obra abrangue un total de 45 títulos de poesía, narrativa e teatro, centrados no público máis novo.
Académica da Real Academia Galega desde 1949, recibiu en vida numerosos recoñecementos, entre os que se poden destacar o Premio Trasalba (1996), o Premio das Letras e das Artes de Galicia (2002) ou o nomeamento como socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2005).
xoves, 17 de maio de 2018
VI Romaría das Letras
Parece que foi onte, pero xa é o noso sexto ano e... os rapaces seguen sorprendéndonos. As actuacións, os bailes e mesmo o vestiario son cada vez máis elaborados.
Educación Infantil: Danza Medieval
Primeiro e Segundo: Vaia casting!
Temos que volver gravar a obra para que se escoite mellor o que din os nenos.
En canto o teñamos, poderedes velo
Terceiro: O brincadeiro
Cuarto: Puchiño Vermello
Quinto: Vivamos coma galegos
Sexto: Revisando o Estatuto e Muiñeira de Chantada
Música: O son do ar

venres, 11 de maio de 2018
Mes das Letras
Xa vai mediado o ano de Mª Victoria Moreno, a escritora elixida pola RAG para dedicarlle o Día das Letras Galegas deste ano.
A pesares de nacer fóra de Galicia, amou a nosa lingua e a nosa cultura e contribuiu a situar a literatura infantil e xuvenil galega nun lugar digno e a poñer en valor o uso da lingua, falándoa e escribíndoa ben.
Tamén foi mestra e participou moi activamente na vida cultural da cidade de Pontevedra, onde viviu dende 1963
Recursos para difundir a súa figura e a súa obra (picade nas imaxes para seguir os enlaces):
- Biografía da escritora
- Materiais e actividades doutros centros
- Recursos do Seminario Galán
- Recursos para traballar a figura da autora
venres, 4 de maio de 2018
O Maio
Xa chegou o mes de maio e con el unha das tradicións máis ourensás.
Os maios volveron "florecer" na escola anunciando a chegada da primavera.
Este ano, e por iso de que o musgo é unha planta protexida, decidimos facelos con material de refugallo: papel, cartón, cartolina... engadindo tamén elementos naturais: as flores e os bugallos que achegaron xs nenxs .Os traballos comezaron a semana pasada coa confección da estrutura , o pintado do papel e a elaboración dos deseños para as alfombras e a composición das coplas.
Todxs traballamos arreo, pero o traballo mereceu a pena
![]() |
| A free picture slideshow by Smilebox |
martes, 1 de maio de 2018
As familias contan... moito
Xs nenxs non chegan sos á lectura. Para ler na primeira infancia precísan aos adultos : as súas voces que suben e baixan, que exclaman, preguntan, contan e cantan...
O libro, o abrazo. Non creo que exista un "sitio" mais exacto para situar o nacemento da lectura
(Yolanda Reyes)
Contareivos un segredo: ninguén le os contos mellor que unha mamá, un papá ou outro adulto amado por cada nenx.
A empatía, esa posibilidade de emocionarnos coa emoción doutra persoa, apréndese coas experiencias literarias da infancia. E como xs nenxs teñen poucos anos de experiencia, asómanse a experiencia dos maiores a través das historias que viven nas súas voces.
Nós temos moita sorte porque moitas familias están sempre dispostas a achegarse ao cole e poñer en práctica as súas dotes coma contacontos e ler, non só para xs seus fillxs, senón tamén para xs seus compañeirxs de clase.
Ademáis de contar os contos coma profesionais, algunhas familias viñeron acompañadas de marionetas, peluches e incluso agasallos para cada nenx.

So podemos dicir MOITAS GRAZAS. Sodes xs mellores!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)