domingo, 28 de abril de 2013

Recibimos unha boa nova


Hoxe déronse a coñecer  os  finalistas do VII premio Espiral de Edublogs e Efrén está de noraboa:  
O noso Bloguesquío está entre eles, con outras cinco bibliotecas, ás que queremos mandar os nosos parabéns; sobre todo á biblioteca do CPI do Rosal "A quinta dos libros", á que acompañamos dende Galiza nesta aventura.

Sabedes a ilusión coa que comezamos esta andaina pola rede. Sabedes tamén que @s que colaborades connosco  e visitades o noso blog,  facedes que esa ilusión se manteña viva e nos dades a motivación para seguir traballando.

Grazas aos membros do xurado por recoñecer o noso traballo, por permitir que a nosa biblioteca estea presente nesa lista de finalistas e por poder compartir con todos os participantes as nosas experiencias e as d@s nos@s alumn@s.

7 comentarios:

  1. NORABOAAAAAAAAAAAAAAAA!! MOI BO TRABALLO E MOI MERECIDO O PREMIO.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa Efrén e Carmen, os merecedes esto e moito máis!!!! Moitos parabéns!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Finalistas dos premios Espiral, finalistas de todo España... e parte do estranxeiro, ja, ja, que nivelazo!!!!!!!!
    É un recoñecemento ao traballo incansable e desinteresado, un Premio á excelencia, porque por agora só estás nominated, pero para min xa estás NO MEU SALÓN DA FAMA.
    Alégrome contigo XXOOXX

    ResponderEliminar
  4. Grazas pola vosa felecitación. Estamos encantados de compartir cartel con vós. Parabéns pola vosa nominación e o voso traballo! Un saúdo dende O Rosal.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns para o bloguesquío, e para o equipo de biblioteca que fai posible todas estas actividades,

    ResponderEliminar
  6. Noraboa Efrén, tanto traballo sempre ten un premio!!! É un orgullo que sexamos finalistas de España e o estranxeiro. Isto xa é unha gran recompensa"

    ResponderEliminar