comedor escolar : Acaba de ser elixido como merecedor do distintivo "Comedor escolar Km 0", selo outorgado pola asociación Slow Food Compostela, polo Instituto ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) e a Asociación para o Desenvolvemento Rural comarca de Ourense ( Adercou).
Este selo, recoñece o noso traballo e a nosa práctica diaria no comedor escolar, traballando a educación alimentaria entre o noso alumnado e familias, potenciando unha alimentación equilibrada a base de produtos de proximidade e ecolóxicos. elaborados por agricultores e gandeiros do propio concello ou da contorna máis próxima.
“A razón de escoller os produtos de proximidade responde a que serán máis frescos e madurarán onde teñen que madurar, non nunha cámara frigorífica”, asegurou a secretaria de Slow Food . Ademáis recalcou que outro obxectivo é “que os máis pequenos aprendan que a alimentación é algo moi importante e que hai que coidar”.
Un merecido recoñecemento público a unha traxectoria de moitos anos e a unha maneira de traballar a alimentación de forma saudable e sostible como marcan os ODS que investigamos hay 3 anos no noso Proxecto "R que R que R"
Ningún comentario:
Publicar un comentario