As mulleres foron ata non hai moito tempo as grandes esquecidas en temas científicos.
Parecía que non existían mulleres científicas, que só os homes facían descubrimentos.
E non é certo.
En todas as épocas, dende o tempo dos romanos, houbo mulleres inventoras, matemáticas ou enxeñeiras. A historia encargouse de escondelas. Como? Non falando delas, mantendo agochados os seus nomes ou , aínda peor, outorgando os premios aos seus colaboradores.
No cole tivemos a oportunidade de coñecer e darlle o recoñecemento que merecen a varias mulleres que dende Hipatia ata Begoña Vila, pasando por Katherine Johnson melloraron o mundo cos seus descubrimentos.
Todo grazas á ANPA que agasallou a 5º e 6º cunha sesión de Ciencia coa que aprenderon moito.
![]() |
Se queredes saber máis sobre a ciencia e os experimentos picade na imaxe. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario