Efrén agasallounos cunha chapa |
De onde veñen as emocións? Inflúen na nosa saúde física e mental? Por que nos sentimos como nos sentimos? Por que nos afectan as emocións dos demáis? Ten a ciencia algo que ver coas emocións?
Sabiades que se reprimimos a expresión das emocións, prodúcese un desequilibrio no noso organismo que pode traer malestar e incluso enfermidade?
Sabiades que as nosas emocións inflúen nas emocións doutras persoas?
Nesta semana da ciencia, tratamos de que o alumnado realizase experimentos que mostrasen o que nos pasa cando sentimos unha determinada emoción , cando as emocións se desbordan, cando as compartimos cos demais ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario