Efrén e Carmen foron polas aulas a repartir outro agasallo da ANPA: Libros para a igualdade.
Porque nos tempos que corren, educar en igualdade é imprescindible.
O libro "La princesa rosa / El príncipe azul" de Ricardo Francaviglia e Margherita Sgarlata, editado por Kalandraka dentro da serie Silent Books ven a demostrar que as palabras non son imprescindibles para contar unha historia.
É un libro que admite varias lecturas, que se pode ler no idioma que se prefira e que contén dúas historias (ou mais, dependendo da capacidade de observación e da imaxinación do lector), segundo por onde se empece. É un libro onde nada é o que parece ao comezo.
Animámosvos a lelo, teñades a idade que teñades e a que nos contedes a vosa historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario