xoves, 2 de febreiro de 2017

Unímonos aos VALENTES

Juan Manuel Montilla, "El Langui" colaborou con Mediaset na elaboración do rap dos valentes.
Ser  valente é dar a cara ante unha situación de inxustiza e posicionarte do lado do que está só; sacar os teus sentimentos, non a base de puños, senón dende o corazón.
"Se buscan valientes" é un rap en contra do abuso na escola, poñendo o foco nos testigos que presenzan o acoso e teñen a chave para denuncialo. Son os amigos e compañeiros os que se teñen que converter en "salvavidas"· ante un caso de bullying.
Ser diferente é un aspecto que enriquece á sociedade, sen embargo é a excusa dos acosadores para actuar.
Aínda que na nosa escola non hai este problema,  decidimos sumarnos a esta iniciativa  facendo nosa a canción que tan famosa se fixo estes días para cantala o día da PAZ.
Como?
Pois... traducíndoa ao galego: "Búscanse valentes"




mércores, 1 de febreiro de 2017

Sons de PAZ

A profesora de música organizou un concerto para conmemorar o Día da PAZ.
Os nenos/as tocaron á frauta dúas versións do Himno á Alegría.

Despois todos/as participamos cantando.


O himno de paz do noso cole non podía faltar: "Ponlle freo á guerra"
Para rematar, os nenos e nenas de 2º recitaron un poema que eles mesmos escribiron.

martes, 31 de xaneiro de 2017

Tecendo a PAZ



Os conflictos son algo habitual nas relacións entre persoas. Xorden cando se persiguen obxectivos distintos. 

Resolver conflictos sen recorrer á violencia pode non ser sempre sinxelo, pero non é imposible . É o camiño para mellorar a convivencia.

Entre todos e todas quixemos tecer unha grande rede de desexos e compromisos para reivindicar na escola  a resolución non violenta dos conflictos .

Cada neno/a debuxou o seu autorretrato e escribiu o seu compromiso persoal.


TecendoPaz by Slidely Photo Gallery

luns, 30 de xaneiro de 2017

Cientificos pola paz

Pese a que a ciencia adoita asociarse co Mad Doctor, un científico tolo que traballa para poderes ocultos e  pretende dominar o mundo, o certo é que a maioría dos científicos non son así.
En calquera caso, a ciencia non sería responsable de que haxa xente que empregue os seus achádegos de forma cruel. Sería como acusar ao inventor do coitelo dos asesinatos perpretados por un maníaco.

Hai quen ve no desenvolvemento científico e tecnolóxico a solución de todos os problemas sociais, e hai quen pensa que é o causante de todos os grandes males.
Posiblemente nen unha cousa nen a outra, todo dependerá do uso que lle queiramos dar  os humanos.

Hai moitos científicos e científicas que, ademáis de polas súas contribucións ao mundo da ciencia, son famosos polo seu compromiso social.

Cantos podedes atopar?




sábado, 28 de xaneiro de 2017

Marilar Aleixandre na RAG


O pasado 14 de xaneiro, a escritora e investigadora Marilar Aleixandre ingresou na Real Academia Galega, ocupando a cadeira que quedara baleiro tralo pasamento de Xose Neira Vilas.
Como bióloga profesora (primeiro nun instituto e actualmente na Universidade de Santiago ) foi pioneira no emprego do galego como lingua para o ensino das ciencias e é coautora dos dous primeiros libros de texto de ciencias en galego. Tamén é autora de numerosos artigos, ensaios e outros materiais sobre o ensino das ciencias.

TRAXECTORIA COMO ESCRITORA

A de escritora é a súa faceta máis coñecida. Aínda que naceu en Madrid e non chegou a Galicia ata os naos 70,  emprega maioritariamente a lingua galega nas súas obras e ten recibido moitos galardóns .

 "A formiga coxa" (1989) foi  súa primeira obra de literatura infantil e xuvenil, á que seguirían outros 20 títulos como "Catro cascarolos", "A expedición do Pacífico" , " A cabeza de Medusa" , "O trasno de Alqueidón" ou "A ovella descarreirada", esta última en verso.

Tamén escribe narrativa para adultos "A compañía clandestina de contrapublicidade" ou "Teoría do caos" e poesía "Catálogo de Velenos", "Mudanzas" ou "Desescribindo", que acaba de saír da imprenta o pasado mes de decembro.

A SÚA LABOR NA ACADEMIA

Como membro da RAG marcou coma obxectivos fundamentais "dar visibilidade ás mulleres" e "achegar a Academia á cidadanía", de modo que a xente descubra "cousas útiles" nela tamén a través das escolas e "que a cultura galega dialogue coa realidade".


luns, 9 de xaneiro de 2017

Robótica nas aulas - Escornabots

Dende a Asesoría de Bibliotecas, pedíronnos un artigo para a revista Eduga  sobre o traballo que facemos no cole cos escornabots.

Apareceu publicado no número 72

luns, 26 de decembro de 2016

O historia do Apalpador

O Apalpador xa preparou os  agasallos e, a estas alturas,  ou xa pasou polas casas dos nenos e nenas a noite do 24, ou aínda terán que agardar po el ata a noite do día 31.
Pero antes diso, Sali contounos a historia deste personaxe



E tamén podedes ler este poema de Xurxo L. Valcárcel:




Agasalla unha lectura



Este ano decidimos que foran os rapaces  e rapazas os que recomendaran unha lectura aos seus compañeiros.
Para iso organizamos unha especie de "amigo invisible".
Cada un deles tivo que "agasallar" ao compañeiro ou compañeira que lle tocou por sorteo cun libro da biblioteca.
Claro que ... tivo que ter en conta os gustos do amigo...


Os agasallos foron repartidos o último dia de clase antes do descanso de Nadal.



AmigoInvisibleBiblio2016 by Slidely Slideshow

venres, 23 de decembro de 2016

Soños de Nadal


Soña o ceo,
soña a estrela,
soña o vento
e soña o mar.

Todos soñan co nadal.

Soña o neno que ten frío,
soña a nai que non ten lá.
Soña a neve que caera
o outro día polo chan.

E todos soñan e soñan
qué regalos traerán
os Tres que sempre soñaron
os Tres que pronto virán.

Para o neno unha chaqueta,
unha chaqueta de lá.
Para o ceo unha estrela
e para o vento e o mar


E ti, con que soñas este Nadal?

Con ter moitos agasallos?
Con que toque a lotaría na túa casa?
Con ...



Estes son os nosos soños:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a picture slideshow

domingo, 4 de decembro de 2016

O castro de Santomé

A existencia deste castro foi descuberta en 1920, pero non se comezou a escavar ata a década dos anos 70. Dende os anos 80 véñense realizando excavacións por parte do Museo Arqueolóxico de Ourense que puxeron ao descuberto gran número de edificacións, unha rúa empedrada e varias vivendas .
O castro foi habitado polos castrexos dende a idade de ferro, no século I a. de C. Na cima e na ladeira podemos ver restos de edificacións circulares e as bases dun torreón de vixiancia.
No século II d. de C. o poboado foi abandoado,  ata que cen anos despois volveu ser ocupado por outra civilización con características galaico-romanas que se asentou fóra das murallas. O máis sobresaínte desta época é a zona de vivendas que se atopa a entrada do complexo: unha casa cun patio porticado e un edificio de duas prantas con escaleiras exteriores e que contaba cun singular sistema de calefacción.

Pías excavadas nas rochas

Sáese do poboado por unha rúa empedrada, da que se conservan uns 30 metros.
En toda a área do castro podemos ver como as rochas foron utilizadas para excavar pías ou como elementos constructivos, servindo nalgúns casos de muros das casas.





Visita virtual a casa de dúas plantas:
Vista frontal da casa porticada:
Recorrido virtual pola casa porticada:

Na procura do pasado

Como sabedes. as nenas e nenos de 2º elixiron a Arqueoloxía como rama da ciencia a investigar durante este curso, dentro do Proxecto anual "Tol@s pola ciencia".
Para poñelos en situación, a profe decidiu visitar un castro... E o mais cercano, quitando o de Trelle que está sen excavar, é o de Santomé en Ourense.

Santomé está mergullado nun espeso bosque de carballos, sobreiras, érbedos e piñeiros. Nas áreas excavadas emerxen muros, debúxanse as formas das casas que aínda están aí, séntense os pasos dos homes e mulleres que alí habitaron de xeito interrumpido entre a Idade do Ferro e a fin do Imperio Romano. Contra o século I a.C., unha comunidade instalouse no castro, construíndo murallas e torreóns que nós recorremos coma se fosemos verdadeiros arqueólogos.

Despois achegámonos á sala de exposicións que o Museo Arqueolóxico de Ourense ten en San Francisco, pois as obras de reforma obrigan a manter pechadas  ao público as instalacións da Praza Maior. Alí unha arqueóloga de verdade explicounos as características das esculturas e outros obxectos castreños, algúns deles atopados no castro de Santomé. 


Na Procura do pasado by Slidely Slideshow

venres, 2 de decembro de 2016

25N: Educando en igualdade


O día 25 de novembro é un día para a reflexión.
 É necesario loitar con todas as nosas forzas para acabar coa violencia, e unha das mellores formas de facelo é a educación: só se educamos aos nenos e nenas na igualdade, na solidaridade e na tolerancia conseguiremos terminar con esta lacra.
Nós quixemos sensibilizar ao nosos alumnado para que valoren ás persoas, xa sexan homes ou mulleres, aprendendo que o traballo non ten sexo, que as persoas son libres para elixir e decidir o traballo que queren desempeñar na súa vida.

Traballamos os estereotipos
Tivemos uns momentos de reflexión sobre as profesións das persoas. Para comprobar como funcionan os estereotipos de xénero,  pedimos aos nenos e nenas que describisen a "unha persoa que opera",  unha persoa que conduce un camión", unha persoa que apaga incendios e rescata xente"... (evitando mencionar o seu sexo)
A maioría das respostas foron "é alto e forte, co pelo curto..."
- E como é unha persoa que axuda ao cirurxián, ou unha persoa que fai peiteados?   
 As respostas  foron : "alta, delgada,  co pelo longo..."     
Ao cabo,dixémoslles que iamos facer un xogo e entrou na biblioteca unha muller vestida cun chandal. 
Preguntámoslles  cal pensaban que era a súa profesión. Estas foron as respostas: 
- Entrenadora persoal
- Profesora de E. Física
- Dependenta 
- Mestra
- Enfermeira...

Dixémoslles que tiñan que adiviñar cal era a súa profesión facendo preguntas. Ela só podía responder si/non. 
A muller abandoou a biblioteca uns minutos e apareceu equipada co traxe que emprega diariamente no seu traballo: era BOMBEIRA.

Os rapaces e rapazas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa profesión e sobre todo interesáronse polos perigos da mesma. Ela explicou que, ante todo, había que ter sangue frío para actuar en situacións límite e  que "nesta profesión non hai superheroes, todo se basea no traballo en equipo"


25N by Slidely Photo Gallery

xoves, 1 de decembro de 2016

25N: A escada da igualdade

Despois de ver a curta "A escada da violencia", pareceunos moi acaído traballar a igualdade entre nenos e nenas, homes e mulleres .
A cada clase démoslle un chanzo e tiveron que decoralo  cun lema que fixese referencia a igualdade, a amizade, o bo trato...
 Con todos os chanzos construímos a Escada da Igualdade
Nas clases de  EI, as profes  explicaron que os homes e as mulleres poden facer os mesmos traballos .



Rematamos cantando a canción Respecta e tolera (Marcando o ritmo coa música da canción  "We will rock you" de Queen):
Estamos en contra da violencia
xuntos dicímolo a VIVA VOZ
está nas túas mans, voucho a explicar
calquer conflicto se pode arranxar.
Frea a Violencia
Respecta e Tolera.