Este ano, coa nosa festa de Entroido, queremos concienciar a todo o mundo mundial do importante que é coidar o planeta.
Non hai un PLAN B: Ou nos poñemos mans á obra, ou acabaremos sufrindo as consecuencias!
Coma todos os anos, houbo obradoiros de disfraces en todas as aulas. Cada clase preparou a súa "comedia" seguindo a tradición do Entroido de Mugares. As actuacións consistiron en cancións relacionadas coa problemática medioambiental, a reciclaxe, a alimentación natural, o desplazamento sostible ...
Tamén se elaboraron pancartas alusivas ós temas elixidos polas respectivas clases para elaborar o seu disfrace.
Non faltaron á cita os "avós e avoas" do Centro de Día de Toén.
E tivemos unha unha visita moi especial: un grupo de Señoritas e Labardeiros de Mugares que, cos seus axóuxeres, puxeron a nota festiva.
No video reflíctense os momentos previos ó desfile, a maquillaxe dxs artistiñas, e outros momentos especiais do día.
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
domingo, 23 de febreiro de 2020
xoves, 20 de febreiro de 2020
O entroido xa está aquí ...
Estes son os mandadiños de Efrén para a semana de Entroido.
Xa vedes que está tan concienciado coma nós co do desenvolvemento sostible e todos teñen que ver con este tema...
E as nenas e nenos cumpriron os desexos de Efrén:
O primeiro día decatámonos de que tanto as plantillas da sanidade como do ensino están formadas cada vez por profesionais máis novxs.
O segundo día os lentes máxicos permitíronnos ver o mundo da cor que queremos : moito máis verde
O xoves houbo disfraces moi diferentes, algúns feitos de materiais reciclados e ata se sumou á festa un cigarrón .
Tamén participamos nas "batallas" de comadres e compadres.

xoves, 30 de xaneiro de 2020
PAZ, tres letriñas de nada ...
Este ano queriamos un día da Paz sostible e por iso nos dedicamos
a reutilizar e a reciclar...
Reutilizamos unha chea de botellas de plástico da auga do comedor. Fómolas gardando durante moito tempo!
Pintámolas e con elas fixemos un "super-mural" no que participamos todos.
A iso se lle chama cooperación!!!
Reciclamos dúas cancións que traducimos ao galego.
Unha de Unai Quirós "Cultiva a PAZ", que cantaron xs nenxs de EI :
E outra que escribiron tres profesores do Colexio Lourdes FUHEM de Madrid. Puxémonos en contacto con eles e "prestárono-la" moi amablemente.
Aquí podedes escoitar a nosa versión de "O Bonito":
Tamén pintamos unhas pulseiras da paz para recordar este día da amizade e a colaboración.
E, empregando o Kamishibai, escoitamos o conto titulado "Se eu tivera unha puga ..." que nos fala da amizade e a xenerosidade.

sábado, 18 de xaneiro de 2020
Elixe ben a cor ...
Estamos a participar no proxecto "Recíclate con Sogama" , un programa de educación ambiental que ten por obxecto promover a implicación do alumnado na xestión sostible dos residuos. Tamén ten moito que ver co consumo responsable, a menor produción de lixo , o fomento da reutilización e a reciclaxe. É dicir, que desenvolve moitos obxectivos do noso proxecto anual. Para facilitar a recollida selectiva de lixo, Sogama enviou ao centro unha "illa de reciclaxe" formada por tres colectores (amarelo, azul e verde) e que instalamos no patio. Tamén nos mandaron unhas bolsas-caixa que foron repartidas polas aulas e un composteiro para o tratamento da materia orgánica que se xenera no comedor escolar . O compost que obteñamos empregarémolo no horto . Ademáis, tivemos unha xornada de formación na que nos explicaron os conceptos básicos da sostibilidade aplicada ós residuos, aclararon as dúbidas que tiñamos e falaron sobre a problemática que, nas sociedades modernas, representa a elevada xeración de lixo e como combatela a través das boas prácticas ambientais . Elixe ben a cor by Slidely Photo Gallery Se todxs camiñamos na mesma dirección, evitaremos que o lixo afecte á nosa saúde e benestar e contribuiremos a protexer a nosa contorna tanto a nivel ambiental (aforro de enerxía e materias primas) como económico ( disminución de custos para os nosos concellos ) |
luns, 13 de xaneiro de 2020
Noa no espello
Pasamos unha mañá moi divertida na biblioteca con Sabela Gago e as súas historias.
Con ela viñeron Noa, Antón, Uxía, a avoa e a profe ... que nos axudaron a descubrir que cada persoa é especial e que temos que facer fronte as críticas dos demáis e superalas do mellor xeito posible.
Noa era unha nena a que lle gustaba xogar á pelota, ás espadas, ler cómics de superheroes e asubiar. E non entendía por que ó seu mellor amigo e á súa curmá os seus gustos lles parecían "de nenos".
sábado, 21 de decembro de 2019
Espazo Argalleiro: Xincana TIC
Como este ano o centro está a participar no Proxecto Digicraft, a Biblioteca e o Equipo TIC, organizaron unha xincana tecnolóxica.
En que consistiu?
Pois o alumnado, formando equipos de 9 participantes de todas as idades, tiveron que pasar por todas as "estacións" e realizar as probas que se lles propuñan, eso sí, dun xeito colaborativo.
En cada "estación" tiñan que obter unha valoración positiva para, ao final, lograr unha recompensa.
O alumnado realizou actividades que non so se basean no uso de dispositivos electrónicos, senón que implican o desenvolvemento de habilidades motoras e cognitivas, o pensamento lóxico e o traballo en equipo.
Foi unha mañá moi productiva e divertida para todo o alumnado.

Con algunhas das apps das que dispoñen as tabletas realizaron actividades como crear un videoxogo, buscar información utilizando a realidade aumentada, crear un anuncio publicitario, crear un video de animación...
Foi unha mañá moi productiva e divertida para todo o alumnado.
venres, 20 de decembro de 2019
#O.EcoNadal.Mola
Decembro é un mes para celebrar, compartir e pasar tempo cos seres queridos.
Xuntámonos coa familia e cos amigos, adornamos as casas, intercambiamos agasallos, as cidades énchense de luces ...
Pero se non actuamos con "sentidiño", pódese converter no mes
máis dañino para o medio ambiente pola cantidade de desperdicios que producimos entre os envoltorios dos regalos, os adornos, as árbores de nadal, os vasos, botellas , platos e cubertos de plástico que acaban nos contedores, sen contar o gasto enorme de enerxía que supón ter todas esa luces acesas durante todo o día, e incluso a noite...
Por iso debemos ser responsables e vivir un Nadal "eco" poñendo o noso gran de area para coidar a contorna e non danar o planeta. E no cole comezamos adornando a nosa árbore con elementos reciclados e tamén naturais.
Neste video, as nenas e nenos do cole propoñen unha serie de alternativas para un nadal eco-sostible:

venres, 6 de decembro de 2019
Programa piloto: Improvisando
Xunto con Damián e Xerardo, os profesionais de Ponte nas Ondas, improvisamos e gravamos o noso programa piloto, a nosa primeira intervención diante dun micrófono.
E saiu moi ben.
Por suposto que hai cousas que mellorar, pero ... entre todxs sacamos adiante a primeira emisión da Radio Tarabela, a radio sen cancelas...
E saiu moi ben.
Por suposto que hai cousas que mellorar, pero ... entre todxs sacamos adiante a primeira emisión da Radio Tarabela, a radio sen cancelas...
mércores, 4 de decembro de 2019
Obradoiro de Radio
Xa vos contamos que iamos comezar un novo proxecto: a RADIO na ESCOLA.
A idea é empregar a radio coma un recurso didáctico no que se porán en xogo todas as competencias lingüísticas : a lectura, a escrita, a comprensión, a oralidade ... Porque dotar ao alumnado da capacidade de comunicar é unha das nosas prioridades.Coa iniciativa pretendemos favorecer a alfabetización múltiple do alumnado, desenvolvendo proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar a través de metodoloxías activas.
Comezando polo principio: A primeira das actividades do obradoiro foi coñecer os materiais que imos precisar para a montaxe e uso da nosa emisora de radio.
Coa axuda de dous profesionais da asociación "Ponte... nas ondas" tivemos a oportunidade de iniciarnos nas nocións básicas de vocalización e dicción. Fixemos o noso guión radiofónico, e aprendemos a falar diante dun micro e a facer o traballo dos técnicos de son. Tamén fixemos uso das ferramentas de gravación e, empregando o programa Audacity, das ferramentas de edición de sons.
Poderemos emitir os nosos programas en directo ou gravalos e subir os podcasts a unha plataforma coma Ivoox ou SoundCloud, para compartilos despois.
O obradoiro resultou do máis interesante, e tanto alumnxs como profesorxs coincidimos en sinalar o divertida, práctica e interactiva que foi a experiencia.
venres, 29 de novembro de 2019
Quen ruxe en Cabárceno?
A nosa admirada Susa Herrera estivo no cole presentándonos o seu novo libro-disco "En Cabárceno rugidos y canciones" . Nas súas páxinas, outros dez animais cobran vida ao ritmo da música que, o mesmo pode ser unha bachata, un sirtaki ou música flamenca...
Cantamos e bailamos con ela facendo un percorrido pola fauna e os sons dos cinco continentes.
Cantamos e bailamos con ela facendo un percorrido pola fauna e os sons dos cinco continentes.
xoves, 28 de novembro de 2019
Micromachismos nas cancións
A música é moi importante, e as cancións transmiten unha mensaxe que cala moi fondo na sociedade.
Reggaeton, rock, pop ... da igual o xénero musical: moitas das cancións que escoitamos (antigas e actuais) conteñen mensaxes sexistas, frases que están fóra de lugar . Cantar estas letras fai que estes comportamentos (micromachismos) se vexan como algo normal, cando para nada o é.
Alejandra Martínez foi a primeira que decidiu recompilar as letras sexistas que escoitaba nas cancións e unilas para reclamar que ninguén nos ten que dicir que tipo de muller temos que ser.
As nenas e nenos de EI5 tamén fixeron un repaso a algunhas destas cancións que non deixan ás mulleres nun bo lugar.

mércores, 27 de novembro de 2019
Cambiamos os contos
Os contos tradicionais adoitan ser un "pouco" machistas.
As protagonistas, ou ben son mulleres cheas de odio como as madrastras que so queren aproveitarse dos demais, ou seres feos e crueles como as bruxas. As rapazas adoitan ser fermosas e delicadas, sen autonomía... moi dependentes. Normalmente dedícanse aos coidados do fogar e esperan ser rescatadas por un príncipe.
Sen embargo, os protagonistas adoitan ser valentes, fortes, independentes e seguros de si mesmos e saen da casa para combater a maldade e vivir innumerables aventuras.
Pois ben, a través destas historias as nenas e os nenos vanse educando para cumplir un papel durante a súa vida e os roles de xénero son asimilados e vistos con normalidade, converténdose en modelos a seguir.
Contar contos clásicos é xenial. E se tratamos que as nenas e nenos desenvolvan un carácter crítico mentres os lemos, ensinarémoslles a construir unha personalidade forte que vaia eliminando as discriminacións que se aprenden a través de moitas das historias infantís.
Por iso, unha das actividades que ideamos para este 25 de novembro foi cambiarlles o final a varios contos tradicionais. Ademais, xs maiores, escribiron microrrelatos que rexeitan a violencia contra as mulleres e que poñen en valor as cualidades que teñen .

Trécola Teatro: contos e máis ...
As nenas e nenos gozaron dabondo cos contos que nos trouxeron as compoñentes do grupo de teatro TRÉCOLA. Con elas conmemoramos o 25 de novembro.
GRAZAS á AFA do centro por traernos este espectáculo onde os contos "Artur e Clementina" e "Tres con Tango" nos levaron a reflexionar sobre os roles das mulleres na sociedade, os estereotipos sexistas e a diversidade familiar, ensinando a xs cativxs que o amor pódese presentar de formas moi diferentes sen deixar de ser fermoso.
Tamén nos falaron de mulleres que, como fixo Clementina, decidiron tomar as rendas da súa vida e ser autosuficientes, independentes e ter o poder para decidir que camiño seguir ou que decisións tomar.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)